Site icon Crónica3.com A Mariña

O inicio de Decemberfest coincidirá coa inauguración do alumeado de Nadal en Foz

Nota de prensa:
O INICIO DA DECEMBERFEST COINCIDIRÁ COA INAUGURACIÓN DO ALUMEADO DE NADAL EN FOZ, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, JOSÉ CARLOS PALEO.

Foz, 30 de novembro de 2011. A Decemberfest, a festa da cervexa, comeza en Foz o vindeiro venres. O evento no que se darán cita 35 establecementos hostaleiros ata o 11 de decembro está organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, que quere “ofrecerlles alternativas aos que nos visitan nesa semana de pontes, que son a antesala do nadal”.

Os bares, mesóns e restaurantes participantes servirán cervexas especiais e algúns produtos típicos da gastronomía alemana coma salchichas. O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, subliña que “haberá packs de prezos especiais que incluirán comida e bebida”. Os locais participantes son: A Caracola, A Funcional, A Maseira, A Quinta, A Sexta, A Bolera, Acuario, O Taco, A Dala, Dallas, Happydays, May-Ros, Xoima, Anduriña, O Rincón de Anita, Fina, Internacional, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Namarinos, O Náutico, O Pelolo, El Salado, A Soalta, pizzería Xoiña, As Brasas, Costumes do Mar, Dandy, O Lar, O Mar e Portochico.

Os que queiran aproveitar para pasar uns días en Foz disporán de interesantes propostas por parte dos hoteis asociados a ACIA Foz, “hai establecementos que ofrecerán habitacións en media pensión a partires de 30 euros”, segundo explixa José Carlos Paleo, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. Desde ACIA Foz recoméndanlle á xente que se dirixa directamente aos hoteis porque cada un terá as súas propias ofertas e propostas que realizarlles. Paleo engade que “ademáis de vir disfrutar da festa da cervexa tamén se pode aproveitar para coñecer un pouco máis Foz e o resto da comarca da Mariña”.

Escaparates

Tamén o venres, 2 de decembro, entrará en funcionamento o alumeado de nadal en Foz. Paleo sinala que “coma todos os anos o gasto é asumido polo Concello e a maiores os comerciantes da Avenida da Mariña e da rúa Álvaro Cunqueiro costean os arcos que se instalan neses viais, unha iniciativa á que neste 2011 se unen os locais da rúa Eduardo Pondal”. O presidente de ACIA Foz engade que “ademáis da iluminación navideña na vila xa se están decorados con motivos de nadal moitos escaparates e outros faráno ao longo destes días para animar á xente a facelas súas compras en Foz”.

Os que desexen lotería da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz xa poden atopala nos locais asociados.

Exit mobile version