Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o concello de Ribadeo debe reverter a propiedade da finca O Semilleiro ós comuneiros de Ove, os seus lexítimos propietarios

O PP asegura que o concello de Ribadeo debe reverter a propiedade da finca O Semilleiro ós comuneiros de Ove, os seus lexítimos propietarios
Nota de prensa

O CONCELLO DE RIBADEO DEBE REVERTER A PROPIEDADE DA FINCA O SEMILLEIRO

ÓS COMUNEIROS DE OVE, OS SEUS LEXÍTIMOS PROPIETARIOS

No pleno do luns día 21, o Grupo Municipal do PP rexeitou a proposta da Alcaldía de revogar o acordo plenario adoptado no mes de xaneiro pola anterior Corporación que, en cumprimento dun Convenio suscrito coa Comunidade de Montes de Ove, resolvía reverter a propiedade da finca o Semilleiro (na que se ubicou o antigo vertedoiro) aos comuneiros, e se lle instou para que, primeiro, dera cumprimento a aquel acordo e devolvera a propiedade da finca aos seus lexítimos propietarios e, seguidamente, non fixera deixación de obrigas e asumira as responsabilidades que en materia de seguridade e vixianza nos futuros usos e destinos da mesma son competencia da Administración municipal.

É rexeitable que o Alcalde pretenda eximirse de toda responsabilidade na adopción desta decisión de non devolverlle a propiedade da finca o Semilleiro aos comuneiros de Ove, e busque xustificar a súa inciativa nun informe solicitado, polo Concello a Xunta de Galicia, con posterioridade a adopción do acordo de xaneiro de 2011 e no que, a Administración Autonómica non fai ningún pronunciamento sobre a titularidade da propiedade, cuestión da que só o Concello é responsable, limitándose a recordarlle ao Alcalde, o que, por certo, el xa coñecía, cales eran as obrigas do Concello en materia de seguridade e vixianza respecto dos futuros usos da finca, obrigas que, por outra parte, en nada difiren das que debe exercer o Concello respecto do control das emisións de gases, de ruidos … e sen que o cumprimento desta obriga lle de a o Concello un dereito de propiedade sobre os automóbiles emisores dos gases, ou dos locales emisores dos ruidos …, de tal xeito que, non por o feito de ter que asumir O Concello a responsabilidade de garantir a seguridade e vixianza da finca o Semilleiro, delo se derive un dereito de propiedade a favor do Concello e en prexuízo dos seus lexítimos propietarios.

Dende o Grupo Municipal do PP entendemos que cando no mes de xaneiro este mesmo Alcalde e os Concelleiros do BNG votaron a favor de que a propiedade da finca o Semilleiro se lle devolverá aos comuneiros de Ove, non foi máis que unha actuación de cara a galería, presidida por un interés partidista que debe enmarcarse no contexto das eleccións municipais que se celebraron no mes de maio, cando, non cabe dúbida, non era rentable, electoralmente, adoptar unha decisión que puidera resultar contraria aos intereses dos comuneiros pola perda de votos que puidera supoñer.

Coa proposta, nestes momentos, cando non van máis de seis meses dende a constitución da nova Corporación, de revogar aquel acordo e sen xustificación algunha que ampare esta decisión, o que evidencia o Alcalde e o equipo de Goberno do BNG é que súa actuación antes e agora só responde a intereses impropios e alleos a responsabilidade municipal, que debe buscar satisfacer o interés dos colectivos por riba dos propios intereses, xa sexan estes de partido ou doutra clase. Non hai xustificación que permita soster a proposta do Alcalde de non devolverlle a propiedade da finca o Semilleiro aos comuneiros de Ove, xa que, non habendo un cambio de circunstancias respecto das existentes naquel momento non existe motivación algunha que permita ao Concello deixar sen efecto o acordo adoptado pola anterior Corporación, e privar aos lexítimos propietarios da propiedade da súa finca.

Os Concelleiros do Grupo Municipal do PP, de amosar o nosa conformidade a proposta da Alcaldía, estaríamos dando lexitimidade ao que pode considerarse como unha forma ilexítima do Concello de adquirir a propiedade dun ben que non lle corresponde, de ahí que rexeitemos esta actuación do Concello que, non ven senón a conculcar os dereitos dos Comuneiros de Ove sobre a propiedade da

Exit mobile version