Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia a convocatoria “con nomes e apelidos” dunha praza de auxiliar colaborador en tecnoloxías da información

Nota de prensa

A persoas beneficiaria adquirirá a condición de funcionario interino ao servizo da entidade provincial e prestará os seus servizos ata que

O PP denuncia a convocatoria “con nomes e apelidos” dunha praza de auxiliar colaborador en tecnoloxías da información

A Deputación limita a 5 días naturais a posibilidade de que calquera persoa interesada poida presentar a súa solicitude que na práctica é un prazo aínda menor xa que hai unha fin de semana de por medio.

Lugo, 16 de novembro de 2011.- A voceira adxunta do Grupo do Provincial do Partido Popular, Elena Candia, vén de denunciar que o Goberno bipartito da Deputación aprobou unha convocatoria para cubrir un posto de traballo que, segundo sospeitan “xa leva nomes e apelidos”.

A Resolución do presidente provincial, Gómez Besteiro, que aparece publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia emprega o procedemento de urxencia para a cobertura deste posto de traballo o que supón reducir de xeito significativo o prazo polo que calquera interesado pode optar ao mesmo a tan só 5 días naturais (a contar a partir do día de mañá) “un prazo na practica é aínda moito menor se temos en conta que hai unha fin de semana de por medio”.

As presas do Goberno bipartito provincial por cubrir este posto de traballo son a xuízo dos populares “inxustificadas” e levan a sospeitar que esteamos ante un intento do ente provincial “por impoñer un candidato ad hoc e dificultar que calquera persoa interesada poida participar no proceso de selección desta praza”.

Elena Candida considera incorrecto o proceder da Deputación máxime se temos en conta que o beneficiario da mesma adquirirá a condición de “funcionario interino” ao servizo do ente provincial e desenvolverá o seu traballo cunha duración “indefinida” aínda que vinculada ao mantemento do programa Inovate2 Diputación Digital que o actual Goberno provincial puxo en marcha financiándoo con cargo a fondos europeos.

A portavoz adxunta do Goberno provincial indicou que a única titulación requirida é a de bacharelato, e aínda que as bases establecen que valorarán outra formación específica e a experiencia laboral “ata 5 puntos dependerán dunha entrevista” o que “abre as portas á arbitrariedade”.

Os populares animan a todas aquelas persoas que puideran estar interesadas en participar neste proceso de selección “a que presenten a súa solicitude nese reducido prazo de tempo que se outorga” e adiantan que “mirarán con lupa todo o proceso”, para evitar posibles irregularidades.

Un auxiliar asistente aos usuarios en tecnoloxías da información e comunicación ten, entre outras funcións, as de prestar asesoramento sobre a administración electrónica, recopilar a información que poida ser de utilidade, como manuais e guías sobre eadministración e internet, elaborar materiais divulgativos sobre as TIC, establecendo contacto co persoal da Deputación, e ofrecendo asesoramento en dichas materias a las entidades locais do ámbito de actuación do proxecto no caso de resultar necesario, entre outras.

Exit mobile version