Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP explica que o campo, e en particular o sector gandeiro, ten futuro sempre e cando ás explotacións se dimensionen axeitadamente

Nota de prensa

“Os feitos demostran que sair adiante é posible e que, pese as dificultades, hai futuro no campo”

Así o aseguraron hoxe Barreiro e García Díez tras visitar unha explotación láctea en Lugo na que estiveron acompañados por Samuel Juárez

Lugo, a 4 de novembro de 2011.- Os cabezas de lista ó Congreso e ó Senado Joaquín García Díez e José Manuel Barreiro visitaron hoxe Penaval Sociedade Cooperativa Galega, e despois de facelo non tiveron ningún reparo en asegurar que o campo, e en particular o sector gandeiro, ten futuro sempre e cando ás explotacións se dimensionen axeitadamente e, “a maiores” conten cun goberno que defenda ó sector e o respalde “onde hai que facelo”.

“A unión fai a forza”, recalcaron, tras poñer de manifesto que esta cooperativa é o resultado da unión de catro explotacións de gando vacún de leite de menores dimensións. “Os feitos demostran que sair adiante é posible e que, pese as dificultades, hai futuro”.

Para os candidatos populares, que durante o percorrido polas instalacións estiveron acompañados, entre outros, por Samuel Juárez, integrante da comisión de agricultura do PPdeG, “para arranxar os problemas que ten o sector lácteo temos que ter presente a situación da que partimos”. Unha situación que, segundo explicaron, pode resumirse dicindo que o goberno socialista “maltratou sen contemplacións” ós gandeiros.

“Galicia conta coa metade das explotacións adicadas á producción láctea de España e xenera un terzo da producción total do país. E non foi tratada nin tida en conta como merece e debe”, indicaron. “Confiamos en que Mariano Rajoy e o seu goberno, de gañar o 20-N, troque esta situación; e un punto de partida importante é que xa dixera que o sector primario voltará a ter un ministerio, adicado e centrado en resolver os seus problemas”, engadiron.

Apoiar a decisión da Unión Europea de suprimir en 2012 o sistema de cotas sen prever compensar ós gandeiros que investiron en comprala “é deixar na estacada a que aposta polo campo”, aseguraron os populares.

Que o MARM non repartira as 300.000 toneladas das que dispón é causar un perxuizo ós gandeiros “gratuito”; deixar que Lactaris comprara Puleva, cando o 8% do seu capital era público, “unha puñalada”; rexeitar a proposta formulada polo PP no Congreso para implantar por lei os contratos entre productores e industria “é directamente deixar á súa sorte ós gandeiros”.

Barreiro e García Díez apuntaron que “a Xunta é un bo exemplo a seguir”, posto que, segundo salientaron, as súas actuacións foron referente neste eido e “amosaron compromiso e resultados”.

Exit mobile version