Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP protesta pola “inauguración encuberta e tapada” que o Concello de Ribadeo fixo da fábrica de algas da Vilavella

Nota de prensa

O Grupo Municipal do PP quere manifestar a súa protesta pola “inauguración encuberta e tapada” que o Concello de Ribadeo fixo este fin de semana da recentemente rehabilitada fábrica de algas da Vilavella, por canto que trátase dunhas instalacións respecto das que, ainda que as obras puideran estar rematadas, non foron entregadas pola Administración Central, titular da propiedade, ao Concello de Ribadeo; ademáis de tratarse dunhas instalacións respecto das que o Concello de Ribadeo non resolveu cal vai ser o destino e o contido que se lles vai dar, estando pendente de debater pola Corporación Municipal dúas Mocions presentadas ao respecto no mes de xullo polos Grupos da Oposición (PP y PSOE).

Coa actuación deste fin de semana inaugurando, por detrás e sen publicidade, as instalacións da fábrica de algas, o Alcalde e o seu equipo, amosan o que é o seu xeito de traballar no Concello dende que accederon ao goberno Municipal no mes de maio, no que, amparados na forza que lles da a maioria abosoluta, actúan co máximo desprecio cara o traballo da oposición, rexeitando debater sobre as nosas propostas, e ocultando a sua verdadeira incapacidade de iniciativa para gobernar.

Neste senso queremos destacar que na Sesión do luns día 21 o Alcalde foi interpelado polo noso Grupo a propósito da tramitación polo Pleno das Mocións que sobre o uso da fabrica de Algas xa presentaramos no mes de xullo, ao que se nos respostou que era un tema que tiña pendente de resolver xa que aínda non tiña claro o destino que lle ía dar a estas novas instalacións; pois ben, os feitos evidencian que o que estaba a decir o Alcalde non era certo, pois, xa entón, sabía que, catro días despois, íanse inaugurar estas instalacións coa presentación polo Concelleiro do ramo dunha nova Asociación, e non obstante ser coñecedor do que se ía facer, ocultouno ao Pleno, ocultouno aos veciños de Ribadeo.

Reiteramos que con esta actuación queda amosada a incapacidade do Equipo de Goberno para liderar a iniciativa de gobernar que lle corresponde, poñendo sobre a mesa propostas e ideas sobre o destino e o uso que deberán ter estas novas instalacións, senón que ademáis, amosan que carecen de verdadeira capacidade para debater e dialogar coa oposición, para traballar e argumentar con fundamentos bastantes o seu posicionamento respecto das nosas inicativas, para dar resposta aos intereses dos veciños e do pobo de Ribadeo.

Exit mobile version