Nota de prensa
O número 2 da candidatura do Partido Popular ao Congreso dos Deputados, Jaime de Olano, acompañado do alcalde de Cervo, Alfonso Villares e doutros membros da Corporación Municipal asistiron ao mercado semanal da praza dos Campos de San Ciprián para repartir un folleto informativo do programa electoral desta formación política.
Cervo aspira a un cambio de Goberno na Moncloa para acadar proxectos importantísimos de competencia estatal: Desde o remate do saneamento de San Ciprián (a Confederación Hidrográfica non quere rematar a obra negándose a executar o emisario submarino que permitiría non realizar vertidos residuais na zona de captación de aguas das piscifactorias), a cesión dos locais pechados e sen uso da Casa do Mar (que bloquea o Executivo central socialista) e impide trasladar alí o Punto de Atención á Infancia (gardería) ata o inicio das obras do corredor costeiro que no seu treito estatal transcorre polo concello de cervo e que unirá San Ciprián con Barreiros, entre outros.