Nota de prensa
Mitin do PSOE en Mondoñedo para as eleccións Xerais do 20N
MODESTO DIAZ GARCIA :“RAJOY E RUBALCABA NON SON O MESMO E NON DEFENDEN AS MESMAS POLÍTICAS”
-A Agrupación Local de Mondoñedo do PSdeG-PSOE celebra un acto no que Participaron o Tenente de Alcalde de Mondoñedo, Modesto Díaz García, a candidata ao senado Beatriz Vazquez Monroy e o senador Luis Angel Lago Lage
-Din que o socialismo que representa Rubalcaba significa apostar polas políticas sociais, pola educación, pola sanidade, polas pensións, pola universidade, pola investigación, polas infraestructuras…”
-Afirman que o modelo que impulsan Rayoy e Feijoo “é o programa dos recortes, é o exemplo mais evidente desta política en Galicia esta nos presupostos da Xunta presidida por Feijoo”
Modesto Díaz García dixo que ten moi claro “que Rubalcaba e Rajoy non son o mesmo, e non fan nin defenden as mesmas políticas”. Explicou que o socialismo que representa Rubalcaba significa apostar polas políticas sociais, pola educación, pola sanidade, polas pensións, pola universidade, pola investigación, polas infraestructuras.” E insistiu “pero apostar polo Partido Socialista significa sobre todo apostar polo futuro”.
Dixo tamén que o modelo que impulsan Rayoy e Feijoo “é o programa dos recortes”. Explicou que o exemplo mais evidente desta política en Galicia esta nos presupostos da Xunta presidida por Feijoo. Afirma que “as contas da Xunta teñen como consecuencia o afogamento e o estrangulamento económico dos concellos de Galicia, deixando aos veciños e as veciñas abandonados e esquecidos fronte a crise”.
E advertiu que a Xunta de Feijoo ten paralizada a estrada Mondoñedo-Cruz da Cancela, “unha infraestructura viaria moi importante para os mindonienses”.
O Ministro Jose Blanco o gran dinamizador económico de Mondoñedo
Ademais envioulle unha mensaxe de agradecemento ao Ministro de Fomento e Vicesecretario xeral do PSOE, Jose Blanco xa que asegura “que o gran dinamizador económico de Mondoñedo nestes últimos anos, un socialista que foi capaz de apostar por esta cidade e polos mindonienses como non se fixo na Historia. Hoxe mais que nunca Blanco precisa o apoio e o recoñecementos de tódolos socialistas, por eso eu quero darlle sinceramente as gracias”, resumiu.
Hai que actuar e non dubidar como fai o PP e Rajoy
Pola súa banda a candidata Beatriz Vázquez Monroy sinalou que o Partido Socialista presentase a estas eleccións como garante das políticas sociais “uns servicios polos que todos traballamos e loitamos, e de todo isto o 20N non podemos dar nin un so paso atrás. Por eso agora mais que nunca “hai seguir traballando, e que cando a situación é crítica hai que actuar e non dubidar como fai o Partido Popular e Mariano Rajoy constantemente”. replicou.
Seguir pelexando polas políticas sociais
Para rematar o acto Luis Lago Lage repasou as políticas sociais impulsadas polo PSOE nesta etapa como por exemplo a Lei da Dependencia, Lei de Igualdade, a Lei contra a violencia machista, a do matrimonio homosexual, a Lei da Memoria histórica ou a nova Lei de Educación. Tamén subliñou outras medidas impulsadas polo Goberno de Zapatero como a subida das pensións para as viúvas ou o aumento das becas de estudio. E concluíu “todo esto xogámolo o 20N e os únicos votos que valen son os da urna, non votan nin as enquisas nin os medios senón as persoas”. Por iso “o 20N hai que seguir pelexando polas políticas sociais e polo futuro de Galicia”.