Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo asegura que “non podemos consentir que se nos suba o recibo da auga un 41% e que os servizos vaian a peor”

Nota de prensa:

O CONCELLO SEGUE SEN DAR EXPLICACIÓNS SOBRE O PROBLEMA DA TURBIEDADE DA AUGA E ANUNCIA UNHA NOVA AVARÍA

-Os socialistas aseguran que

-Consideran unha desfachatez que a edil de Medio Ambiente diga que esta auga é apta para o consumo. “Qué veciño pode beber, cociñar ou asearse cunha auga marrón”

CERVO, 28 DE NOVEMBRO. A turbiedade da auga segue sen solución e o Concello de Cervo anuncia unha nova avaría. Os socialistas insisten en que a situación non pode continuar así, “é incrible que unha ETAP inaugurada hai un ano nos dé estes problemas. Non podemos consentir que o recibo da auga se incremente nun 41% e que os servizos vaian a peor. O alcalde, Alfonso Villares, e o seu equipo levan tres meses sen dar solución e agora parece que se nos presenta outra avaría. Esiximos que se poñan a traballar e que tomen as medidas oportunas urxentemente. O que non pode ser é que canto máis pagamos máis problemas temos”.

O Grupo Municipal Socialista esixiu ó señor alcalde explicacións pero a única noticia que reciben os veciños é que nos vindeiros días teremos novos problemas, así o comunicaba esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Begoña Alonso. Os socialistas pregúntanse se “esta nova avaría é a que nos vén ocasionando os problemas dende hai tres meses ou é algo novo. Calquera resposta por parte da edil popular será negativa, pois, se esta era a raíz do problema, leva tres meses a avaría sen arranxar e se non ten nada que ver, entón hai que solucionar dous problemas, o que temos dende setembro e este novo”.

Os membros do GMS engaden que a señora Alonso parece que trata ós veciños por tontos, pois “seguen sen dar solución, anuncian unha nova avaría, incrementan o recibo da auga e ofrecen uns servizos peores e por riba ten a desfachatez de asegurar que non hai problema porque a auga é totalmente apta para o consumo. Os resultados das analíticas das que fala estarán moi garantizados, pero cremos que ningún veciño pode beber desta auga marrón, ningún veciño pode preparar os alimentos con esta auga marrón e a ningún veciño lle é agradable ter que asearse con auga marrón”.

Os socialistas esixen que “o equipo de goberno dé solución a este problema sexa un ou varios, despois da noticia de hoxe, e que a auga volva saír das billas coma ten que saír e non ocasionen máis incomodidades ós veciños. Xa pasaron tres meses, tempo suficiente para ter todo máis que solucionado”.

Exit mobile version