Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz critica o alcalde pola eliminación de servizos

Nota de prensa:

O Grupo Municipal Socialista, a través do seu portavoz municipal José Mª García Rivera, ten que dicirlle ao Alcalde de Foz, Sr. Castiñeira, que ninguén pode vir a darnos leccións de medio-ambiente no noso Concello, nin coma sempre que fala este señor, tachar os servizos que se puxeron en marcha nos anteriores gobernos socialistas de caros e perigosos.

Sr Castiñeira vostedes, os do Partido Popular, non fixeron absolutamente nada polo medio-ambiente, tivemos que ser nos, os socialistas, cando entramos a gobernar no Concello os que: eliminamos o basureiro de Malates, puxemos a funcionar un punto limpo, adquirimos dous camións novos para a recollida de basuras, instauramos a recollida selectiva de cristal, papel, plásticos, aceites, colocamos sete illas de contedores soterrados e quen puxemos o en marcha o sistema mais moderno de España de recollida de basuras, con un máximo de dúas horas nas rúas a basura, como teñen cidades como Pamplona, Oviedo, A Coruña, Lugo etc…

Sistema que o Sr Castiñeira agora pretende eliminar, alegando que é caro, perigoso e que se necesita moito persoal para manter o servizo. Coma sempre dando pena. Pois ben esperemos que acerte, pero tamén queremos dicirlle que prepare a ese persoal, que segundo di o Alcalde sobra do servizo, para eliminar os cheiros que vai a volver a haber na nosa vila, así como para suxeitalos como é debido, pois moito nos tememos as facturas que vai ter que pagar o Concello, por golpes de contedores en vehículos, van a ser considerables si non se toman as medidas axeitadas.

Pediremos ao Sr Castiñeira que dea conta do aforro que di se vai lograr volvendo a implantar un sistema de recollida antigo, cavernícola e de marcha atrás.

Unha marcha atrás como en todo o que esta facendo o actual Alcalde, Sr Castiñeira, eliminando a Aula da Natureza, recortando os servizos de salvamento e socorrismo nas parias, infrautilizando o CENIMA, reducindo ao mínimo a axuda a domicilio, privatizando os cursos que se daban a poboación en materia social e agora a eliminación de unha medida progresista tal e como pretende facer coa recollida de basuras.

¿Cal será a seguinte medida de eliminación de servizos que tomará o Alcalde de Foz?

Exit mobile version