Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz pídelle á alcaldía que faga pública a cantidade achegada pola Xunta para o Plan Concertado

Nota de prensa:

O PSdG- PSOE de Foz ven de presentar unha petición por escrito na Alcaldía para que se dea conta do documento recibido pola mesma, no que se especifica a achega feita pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para o Plan Concertado. Os socialistas queremos coñecer feacientemente, a cantidade asignada ao noso Concello dentro deste Plan e si dita cantidade sufre algún tipo de recorte.

Dicir tamén, que non nos parece de recibo ningún tipo de recorte dentro do Plan Concertado por parte da Xunta de Galicia, posto que o aminoramento de ingresos destinados os servizos sociais supoñerán unha merma da calidade asistencial que se presta os colectivos mais desfavorecidos, tal é o caso da axuda a domicilio.

Foron presentados ademais unha serie de rogos ao Alcalde de Foz, para mellora da Vila, entre os que podemos destacar a revisión das fontes do municipio que moitas delas se atopan sen limpar como por exemplo a de Vilaxoane, o adecentamento da pista deportiva do Campo da Cabana que non foi pintada este ano e presenta moita suciedade, a reposición da rede de xogar o tenis nas pistas das torres, ou a reparación das diversas fochancas que hai nas rúas do pobo e nas beirarrúas onde a falta de arbores pode facer tropezar as persoas no furados que quedan nas mesmas. Tamén se solicita a reposición dos árbores que secaron este verán pola falta de rego. Actuacións que inciden claramente, a vista dos socialistas, no benestar de tódolos veciños e veciñas de Foz.

Exit mobile version