Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo organiza un xantar co ministro de Fomento o 5 de novembro no Parador

Nota de prensa:
XANTAR NO PARADOR CO MINISTRO DE FOMENTO JOSÉ BLANCO

O vindeiro sábado 5 de novembro, José Blanco, Ministro de Fomento, Vicesecretario Xeral do PSOE e cabeza de lista por Lugo ao Congreso, estará con nosoutros en Ribadeo acompañado doutros membros da candidatura, entre eles Ricardo Varela que figura na lista para o Senado.

Con motivo desta visita e como un dos actos da campaña electoral, o PSdeG-PSOE organiza unha comida no Parador de Turismo de Ribadeo as dúas da tarde. A retirada de tarxetas pódese facer ata o venres 4 de novembro no propio Parador de Turismo ou no Bar A Bugalla. Prezo 25 euros.

Dende a Executiva convidamos a asistir a este xantar a tódolas aquelas persoas que queiran acompañar ao Ministro de Fomento, un decisivo impulsor das obras de infraestructura en Galicia e, precisamente, Ribadeo é un exemplo de fortes inversións por parte do Goberno de España, como son as obras da travesia da vila, a recuperación de A Vilavella e os muiños das Aceas e todas as obras dos sucesivos Planes E.

Exit mobile version