Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE di que agarda que a mariña seca en San Cibrao non sexa como a goleta ou o porto deportivo que prometeu o PP

Nota de prensa

BALSEIRO ESIXE QUE PIDAMOS PERDÓN POR DECIR A VERDADE CANDO NON SABEMOS QUÉ FOI DA GOLETA OU DO PORTO DEPORTIVO QUE PROMETEU

-Os socialistas aseguran que “Balseiro é o menos indicado para falar de promesas, cando os veciños agardan a día de hoxe polo porto deportivo que tantas veces lles anunciou”

-Esperan que a mariña seca “non sexa unha nova arma electoral do PP” e lamentan que “non se actúe con máis responsabilidade política, pois a lonxa que tiraron podía ser acondicionada para os obxectivos destas obras”

CERVO, 2 DE NOVEMBRO. Tralas últimas críticas do deputado e concelleiro de Cervo, José Manuel Balseiro, o Grupo Municipal Socialista asegura que “o señor Balseiro é o menos indicado para falar de promesas, pois minte cando di que cumple sempre o que promete. ¿Onde está a goleta e onde está o porto deportivo que tantas veces anunciou? ¿Que foi da goleta, unha obra que xa se tiña adxudicado e licitado e que botaron para atrás sen dar razón algunha?”.

O popular José Manuel Balseiro esixe ós socialistas que pidan perdón “pero non sabemos por qué”. Os membros do GMS denunciaron que obras tan importantes para Cervo, como o porto deportivo e a ampliación do pavillón do Galdín, non están presentes nos orzamentos dos compañeiros do señor Balseiro na Xunta de Galicia. “Cremos que non contamos ningunha mentira para ter que pedir perdón por nada. Pode ser el, quen teña que dar algunha explicación ós veciños por moitas actuacións anunciadas polas que seguimos esperando”.

Os socialistas sinalan que “a día de hoxe non temos noticias reais do porto deportivo que tantas veces prometeu. O 2 de marzo deste ano, o anterior presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, mantivo unha reunión co señor Balseiro e aproveitaron a ocasión para decirnos que o porto deportivo de San Ciprián, por fin ía ser unha realidade e fixeron referencia ó anteproxecto e ó estudo para encontrar a mellor ubicación. Pero o caso é que nos volveron a mentir. Xa no seu día, auguramos que a nova iniciativa do PP quedaría nunha promesa electoralista pola proximidade das eleccións municipais do pasado maio, e demostraron as nosas sospeitas”.

Neste senso, dende o PSOE de Cervo esperan que o inicio das obras da mariña seca non sexa outra arma electoral do PP e lembran que “é unha pena que con todos os recortes ós que se ve, supostamente, obrigada a Xunta de Galicia, se despilfarren os cartos sen sentido. Foi o señor Balseiro o máis interesado en tirar a lonxa de San Ciprián, un edificio que, salvando as distancias, se podía ter aproveitado e acondicionado para os obxectivos destas obras, como zona varada para as embarcacións e para efectuar os arranxos necesarios e como área de resgardo para os usuarios do porto”.

Finalmente, dende o GMS lamentan que “non se actúe cun pouco máis de responsabilidade política, aplicando a austeridade onde se ten que aplicar e anunciando obras que sí se van realizar. Insistimos en que o porto deportivo, é unha promesa feita ós veciños, que levan loitando por isto moito tempo, e que nunca se cumple”.

Exit mobile version