Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE propón un pacto para unha nova lei que sirva como marco estable para o urbanismo en Galicia

Nota de prensa / Pacto polo territorio

Debate no Parlamento

OS SOCIALISTAS PROPOÑEN UN PACTO PARA UNHA NOVA LEI QUE SIRVA COMO MARCO ESTABLE PARA O URBANISMO EN GALICIA

-O portavoz de Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego denuncia que Goberno de Feijoo modificou a Lei urbanística de Galicia de xeito reiterado, co único obxectivo de reforzar a discrecionalide na súa aplicación

-Dixo que o goberno de Feijoo “empezou a modificar o urbanismo de Galicia á carta, sen dialogo e sen consenso, para impoñer o modelo do PP que estaba presidido pola política do vai facendo”

-Afirma que o Grupo do Socialista esta disposto a traballar a prol dunha lexislación urbanística que rache coa “barrerizacion de Galicia que atopou amparo nas políticas do Partido Popular”

-Emprazou ao executivo autonómico a acadar un marco urbanístico para a construcción dun marco urbanístico que regule a relación dos cidadáns e a as institucións co territorio, baseada nun urbanismo moderno, sustentable e eficaz, e no que se contemplen as especificidades da Galicia urbana e rural

Santiago, 23 de novembro de 2011. O portavoz de Urbanismo do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego propuxo hoxe, no Pleno do Parlamento, un Pacto polo territorio ao Goberno de Feijoo. Rego reclama “un marco estable para regular a lexislación dos cidadáns co noso territorio, e tamén coas institucións que os representan”.

Asegura que en Galicia triunfou o modelo do “vai facendo”, e critica que a formula de Feijoo “é a consecuencia dun fracaso, xa que a nosa Comunidade non ten un gran acordo sobre urbanismo”. E insistiu “estamos diante dun gran fracaso de pais”.

Rego lembra que o Pacto do PSdeG-PSOE foi presentado en diversas ocasións nesta Cámara. E subliña que as medidas postas en marcha polo Goberno do PP nesta area como a tramitación das DOT, o Plan de Protección do Litoral, e a necesaria modificación da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, remataron cunha profunda decepción “xa que o goberno de Feijoo empezou a modificar o urbanismo de Galicia á carta, sen dialogo e sen consenso, para impoñer o modelo do PP que estaba presidido pola discrecionalidade”.

Lei de Acompañamento

O parlamentario socialista critica tamén que o Goberno de Feijoo por un lado tenta impulsar o dialogo, e polo outro “quere modificar a Lei urbanística de Galicia a través da Lei de Promoción Industrial da nosa Comunidade”. Denuncia que esta modificación “é claramente inconstitucional”.Critica tamén que “afonda novamente na discrecionalidade da Xunta”, e proseguiu “ademais a Lei de Acompañamento dos orzamentos aprobada hoxe no Parlamento polo PP, tamén modifica a Lei de Ordenación urbanística de Galicia”, espetou.

Por iso preguntou “este é o modelo que propón o Partido Popular?”, insistiu. E anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista non apoia este modelo.

Respectar aos concellos

Dixo que o Pacto polo territorio de Galicia “debe partir dun novo marco de referencia para os concellos que parta do actual, unha normativa clara que facilite o planeamento, que respecte as competencias de cada quen, tanto a dos Concellos como as da Xunta”.

Rego dixo que a Xunta tamén ten que recoñecer e respectar os acordos parlamentarios sobre a situación urbanística, nese senso lembrou a proposta acadada por unanimidade na Cámara Autonómica sobre a creación unha comisión parlamentaria para unha nova redacción da Lei do Solo de Galicia. Asegura que agora “é un bo momento para abrir un debate sobre o modelo urbanístico”.

Ourense

Afirma que en Galicia hai Conselleiros que firmaron Plans Xerais de Ordenación urbana dalgunha cidade de Galicia que son distintos aos que asinaron na aprobación definitiva do Plan “todos non actuamos igual”, espetou..

Dixo que o Grupo PSOE non comparte “a barrerizacion de Galicia”, en detrimento da política que defende o Partido Popular “que protexen e ampara este tipo de urbanismo que destrúe o noso litoral, non defendemos o mesmo”, advertiu.

Por ultimo emprazou ao executivo autonómico a acadar un marco urbanístico entre a Galicia urbana e rural “establecer un canle de relación de responsable con criterios de sustentabilidade moderna e eficaz”, resumiu.

Pacto polo Territorio
———————
Page 1
Pacto polo Territorio
Bases e propostas
Santiago de Compostela, 5 e 6 de febreiro do 2010
Page 2
Page 3
Pacto polo Territorio
3
bases e propostas
O necesario cambio de perspectiva……………….. 7
2
Contido do Pacto polo Territorio…………………… 8
3
Planificación territorial……………………………… 10
4
Desenvolvemento Urbano…………………………. 11
5
Desenvolvemento Rural e Litoral…………………. 13
6
Propostas para o Pacto…………………………….. 15
7
Unha cuestión de país……………………………….. 5
1
Índice
Page 4
Page 5
Pacto polo Territorio
5
bases e propostas
O territorio galego, como hábitat e lugar onde desenvolver as nosas actividades,
debe de converterse no referente e no punto de encontro de colectivos de todo
tipo, onde sexamos quen de perfilar un escenario de futuro máis xusto e cohe-
sionado, facilitando e dinamizando os procesos dun desenvolvemento económico
equilibrado e vertebrador no marco da sostibilidade; modelo ao que debe aspirar
unha sociedade moderna, consciente dos seus valores e da importancia dos seus
signos de identidade.
A ordenación do territorio e a protección do patrimonio natural, paisaxístico e cul-
tural, debe converterse nunha liña estratéxica preferente da acción política, nun
modelo de organización territorial ao servizo da cidadanía, que promova o desen-
volvemento sostible e asegure a calidade de vida das persoas.
Durante o último século e medio, Galicia gañou un millón de habitantes e perdeu
un carácter eminentemente rural para terse convertido nunha Comunidade con
centros urbanos conxestionados e unha hibridación do medio rural acompañada
dun despoboamento en amplas zonas do noso país. O eixe atlántico, conformado
por un sistema policéntrico de cidades, vilas e pobos concentrou o desenvolve-
mento social e económico máis forte mentres o resto do territorio non vivía idénti-
co proceso, consagrando un modelo de expansión difusa e desequilibrio territorial.
Ao longo do século XX os fenómenos migratorios, internos ou externos, xeraron
potentes dinámicas demográficas e urbanísticas que teñen caracterizado o noso
desenvolvemento recente e que aínda hoxe marcan de xeito profundo a esencia
da nosa sociedade.
Os procesos “desarrollistas” vividos polas cidades e vilas galegas e a descentra-
lización institucional e administrativa que supuxo o desenvolvemento do Estado
das Autonomías, non fixo posible que se empezasen a visualizar as políticas de
ordenación territorial ata o século XXI. Nin a profunda modificación na ocupación
do espazo que se vivíu nas últimas décadas do século XX nin a irrupción das mo-
dernas infraestruturas do transporte, nin o crecemento das cidades modernas nin
o desenrolo de potentes áreas urbanas nas periferias das anteditas, foron factores
que impulsaran á Administración autonómica a asumir unha ordenación integral do
territorio.
Pola contra, a iniciativa privada foi a que liderou as decisións de máis transcenden-
cia para o deseño das nosas conurbacións fronte a un baleiro de vontade política
dende a instancia supramunicipal. Os anos de crecemento especulativo e o pro-
fundo desequilibrio territorial consecuencia das diferencias económicas e sociais
do país, completaron unha paisaxe que amosa unha grande necesidade de estra-
texias territoriais claras, así como o desenrolo dos instrumentos de ordenación e
planeamento.
A Galicia de dúas velocidades non pode ser un modelo válido para un futuro de
progreso. O desequilibrio territorial ven acompañado dunha dispersión poboacional
Unha cuestión de país
1
Page 6
Pacto polo Territorio
6
bases e propostas
especialmente no interior do país e do avellentamento da poboación que incremen-
ta a demanda de servizos de proximidade que supoñen un reto que non se pode
obviar.
As políticas territoriais non deben ser só un instrumento para deseñar a faciana
do país, senón que, deben respostar á necesidade de construír unha comunidade
cohesionada e xusta territorialmente, con cidadáns e cidadás que teñan servizos
de calidade e dereitos iguais, vivan onde vivan.
Así pois, os socialistas cremos que un dos grandes retos de Galicia, para acadar a
súa plena modernización, é converter o territorio nun factor protagonista da com-
petitividade e da igualdade e, polo tanto, nun axente activo de desenvolvemento
económico e cohesión social. Para isto, hai que buscar unha práctica política dis-
tinta da levada a cabo ata o de agora, e atopar os necesarios puntos de encontro
entre todos, que nos permitan romper co desequilibrio territorial vixente na Galicia
actual.
É necesario abandonar prácticas improvisadoras e partidistas para acadar unha
política territorial que trate de forma integral a ordenación e planificación do terri-
torio galego. Un espazo rexional cun modelo ordenado e cohesionado, en termos
de relacións no interior do sistema de cidades, e entre o medio rural, periurbano
e urbano así como entre as administracións; co obxectivo de vertebrar o territorio
galego cara o maior equilibrio e difusión das dinámicas de desenvolvemento.
A consideración do territorio como un recurso escaso, fráxil e de valor estratéxico,
e a formulación de políticas estruturais que faciliten a vertebración de Galicia en
orden ao seu correcto posicionamento nun mercado globalizado e competitivo,
esixe un tratamento dende a perspectiva de país.
Page 7
Pacto polo Territorio
7
bases e propostas
Case tres décadas de xestión das competencias exclusivas en materia de ordena-
ción do territorio e urbanismo, non foron quen de reconducir o crecemento urbano,
a xestión racional dos recursos territoriais galegos e a súa posta en valor.
A Lei do solo de 2002 entrou en crise antes da súa posta en pleno funcionamento.
Tivo que modificarse de urxencia no 2004, e preténdese continuar modificando
por urxencia no 2010. Novamente é unha solución-parche para continuar cun-
ha lexislación inestable, confusa e que agrava e non resolve problemas. Con in-
cremento do regulamentarismo, das xeralizacións homoxeneizadoras para intervir
nunhas realidades diferentes porque é producto dunha resposta burocrática e non
dun debate en profundidade das demandas da nova planificación urbanística.
Manter esta práctica supón demorar a súa inevitable reforma en profundidade,
froito dun debate sereno e de calado político e técnico. Seguir este camiño supo-
ría perder outra oportunidade e aprazar o inaprazable: a construcción dun marco
lexislativo estable para o urbanismo, ben articulado coa lexislación de ordenación
territorial, recoñecedor da riqueza e diversidade do país, das competencias munici-
pais para a ordenación municipal e da competencia autonómica para a ordenación
territorial e a coordinación supramunicipal.
É o momento de facer un balance crítico dos efectos e consecuencias prácticas
das experiencias lexislativas recentes, caracterizadas pola súa inestabilidade, e
que converteron a planificación urbanística nunha deriva tecnocrática e burocrá-
tica afastada da realidade, interventora en exceso, regulamentista en extremo,
carente da flexibilidade que demandan as dinámicas urbanas e de concepción es-
tratéxica, para detectar as consecuencias prácticas a corrixir.
É o momento de parar e reflexionar entre todos para acadar unha reforma da lexis-
lación urbanística e de ordenación do territorio, con pretensións de estabilidade e
con capacidade de dar resposta ao reto da nova fase de tránsito a un modelo de
desenvolvemento sostible.
O modelo económico vixente durante os últimos anos entrou en crise situándonos
fronte a unha realidade económica, financeira e enerxética nova, que precisa res-
postas imaxinativas e consensos amplos para acadar un futuro de certezas fronte
ó presente cheo de incertidumes. O estoupamento da burbulla inmobiliaria, a ne-
cesidade de atopar novos sectores produtivos sostibles e innovadores, os riscos
do cambio climático e a demanda dun novo modelo enerxético con menor depen-
dencia das enerxías non renovables, fan deste momento o idóneo para a reflexión
profunda e o deseño dun futuro dende unha perspectiva territorial diferente.
Un obxectivo que require dun proceso de elaboración e debate preservado de ur-
xencias normativas. Un método de abordar esta cuestión de país dende un enfo-
que integrado e unha cooperación entre as diferentes administracións.
É o momento de materializar o Pacto polo territorio.
O necesario cambio de perspectiva
2
Page 8
Pacto polo Territorio
8
bases e propostas
O que buscamos os e as socialistas é crear un marco estable para organizar as Di-
rectrices de Ordenación do Territorio, o Plan do Litoral e a Lei do solo, co fin de dar
seguridade xurídica aos galegos e galegas, garantir o respecto ao medio ambiente
e favorecer un crecemento sostible de Galicia nos próximos 30 anos.
O goberno de Galicia cometeu un gran erro ao iniciar a ordenación territorial cunha
pequena reforma da Lei do Solo e unha proposta do Plan do Litoral, xa que o lóxico
sería debater primeiro as Directrices de ordenación, incorporar estas directrices ao
Plan do Litoral e asumir así unha reforma completa da Lei do Solo.
O PSdeG propón, como mostra do forte compromiso que queremos acadar, que
a lexislación incluída neste PACTO POLO TERRITORIO deba ser aprobada no Par-
lamento de Galicia con MAIORIA REFORZADA, isto é, cos 2/3 dos deputados e
deputadas da Cámara.
Esta é unha aposta pola estabilidade e seguridade nas políticas de territorio, unha
aposta polo diálogo e o acordo, que impedirá que estas políticas se modifiquen por
calquera goberno sen o necesario consenso.
Creemos que cómpre inverter as decisións adoptadas polo goberno de Galicia nes-
te primeiro ano de lexislatura en canto ó territorio.
Para acadar este grande acordo político é necesario que os instrumentos transver-
sais da ordenación do territorio sexan acordados en primeiro lugar, e logo será o
tempo de descender ás particularidades.
Por iso non é bo para o país que o primeiro debate que vaiamos a ter no Parla-
mento de Galicia sexa unha reforma puntual da Lei do Solo tramitada ademais por
urxencia, aínda que esta reforma puntual sexa froito dun pacto cos concellos de
Galicia, e lembrando que nese mesmo acordo Xunta-FEGAMP maniféstase por
parte da representación municipal a necesidade de abordar unha reforma en pro-
fundidade da Lei do Solo.
Os e as socialistas cremos que é imprescindible e así o propoñemos: primeiro, propi-
ciar o acordo arredor das Directrices de Ordenación do Territorio; desenvolver o Plan
do Litoral, que xa incorporará esas Directrices, e, acometer a reforma en profundidade
da Lei do Solo, sobre as bases do xa acordado coa Federación Galega de Municipios e
Provincias, e todo iso sobre as novas bases que entre todos deberemos aportar.
Para isto é imprescindible que a tramitación actual no Parlamento de Galicia desa
modificación da Lei do Solo se aparque ata chegar a un desexado consenso sobre as
posibilidades do PACTO POLO TERRITORIO.
A necesaria xerarquización das normas emanadas dos acordos do goberno, a través
do Consello da Xunta é outra das premisas básicas para a busca de consensos sobre
o territorio.
Contido do Pacto polo Territorio
3
Page 9
Pacto polo Territorio
9
bases e propostas
Non pode ter o mesmo rango, ou ao noso xuízo dende logo non debe telo, un Plan
Sectorial que defina calquera actividade económica que as Directrices ou o Plan
do Litoral; necesariamente, os Plans Sectoriais para actividades económicas teñen
que suxeitarse e polo tanto ter un rango inferior ó que dictaminen as Directrices e
o Plan do Litoral cando este sexa o seu ámbito de influencia.
Propoñemos, asemade, reforzar o espazo autonómico para o debate e a reflexión
no campo das políticas urbanísticas e territoriais (Institutos de Estudios do Territo-
rio), no que participen os concellos, profesionais e sectores implicados no desen-
volvemento destas políticas.
Page 10
Pacto polo Territorio
10
bases e propostas
A planificación territorial e sectorial debe partir dun principio fundamental para os
socialistas: que o obxectivo de protección ambiental sexa compatible co desenvol-
vimento económico e social.
Para conquerir este obxectivo é preciso formular unha serie de fundamentos so-
bre os que sustentar toda planificación futura, unha planificación que ten que ser
medible e avaliable, por iso teremos que fixar indicadores de planeamento e de
seguimento.
A introdución destes indicadores na planificación debe servir para asegurar a ele-
ción das alternativas máis sensatas que conduzan a un futuro deseño territorial
máis intelixente que o establecido na actualidade.
Ao mesmo tempo os instrumentos de autorización ambiental, avaliación de impac-
to ambiental e avaliación ambiental estratéxica, así como o control e policía dos
mesmos necesitan unha ordenación normativa que introduza principios tales como
a seguridade xurídica e a proporcionalidade na súa aplicación.
En consonancia co antedito creemos que a dimensión dos concellos tamén é rele-
vante na aplicación da normativa de ordenación, o principio de proporcionalidade
debe introducirse en toda a lexislación e planificación territorial para favorecer
unha aplicación das normas coherente.
Os socialistas creemos que é prioritario facer realidade a reiterada e incumprida
demanda da axilidade na tramitación do planeamento, unha axilidade que non debe
supoñer en ningún caso menos garantías xurídicas para as institucións e a cidada-
nía nin menos garantías ambientais.
Para conquerir este obxetivo propoñemos enfocar o Planeamento dende unha óp-
tica distinta, menos reglamentista e máis efectiva, que reduza os plazos globais
da elaboración do planeamento, aforrando así custes económicos, sociais e tamén
políticos.
O planeamento é un instrumento en modificación continua que debe adaptarse
a unha realidade ambiental, económica e social en continuos cambios. O Planea-
mento ten que ser áxil na súa tramitación e tamén áxil e versátil nas súas modifi-
cacións.
O Planeamento xeral debe convertirse nun documento que deseñe a estratexia
prevista, con obxectivos precisos e medibles, para iso establecemos os indicado-
res de planeamento e seguimento, alixeirado do contido ordenancista que chega a
regular alineacións de viarios, parcelas e usos posibles de cada edificación.
Planificación territorial
4
Page 11
Pacto polo Territorio
11
bases e propostas
As cidades galegas viviron procesos de “desarrollismo” similares ás capitais me-
dias e grandes do Estado. A emigración dende o rural consolidou o desenrolo de
barrios que trazaron unha nova malla urbana e que protagonizaron o progreso
social e económico das nosas cidades; barrios humildes que foron dotándose de
servizos educativos, sociais, urbanos…, e que hoxe deben ser rehabilitados e re-
cuperados por economía de recursos e aproveitamento de solo.
Nas periferias, as conurbacións construíron sistemas metropolitanos que non tive-
ron o recoñecemento legal malia ser unha realidade de dinámicas sociais, econó-
micas, laborais … Os cidadáns e as cidadás das urbes galegas son metropolitanos
nos seus comportamentos e nas súas relacións cotiás e o retraso na consolidación
de distintas fórmulas de gobernanza ou de xestión intermedia imposibilitaron –
salvo algunha excepción– un maior e mellor aproveitamento das sinerxias destas
áreas, pese ó seu innegable potencial económico e social.
As áreas urbanas viven hoxe un momento de grandes retos que transformarán as
súas capacidades e a súa competitividade. O desenrolo de importantes vías de
comunicación terrestre, o novo modelo de xestión aeroportuaria, a construción
de infraestruturas portuarias de primeiro orde, a chegada da AVE, o desenvolve-
mento de centros singulares (estacións intermodais, fachadas portuarias, centros
comerciais, humanizacións da malla urbana…). E un dos retos inaprazables é o da
mobilidade. O retraso no desenvolvemento de sistemas de transporte público me-
tropolitano ten lastrado as posibilidades destas áreas, así como dificultado a vida
e os desprazamentos dos cidadáns. O uso masivo do transporte privado supón ó
tempo un problema de conxestión das entradas e saídas das cidades, un despil-
farro enerxético, unha agresión ambiental e unha pésima xestión do tempo das
persoas.
Tamén na xestión do transporte público, Galicia arrastrou un déficit de compro-
miso dende a administración que tiña competencias para impulsar sistemas de
transporte metropolitanos e, por tanto, de cambiar as dinámicas de masivos des-
prazamentos individuais por unha oferta variada e complementaria de transporte
de curta e meia distancia. Os consorcios metropolitanos de transporte, o pulo ós
modos alternativos, o desenrolo de transporte ferroviario de cercanías, a aposta
polos metros lixeiros, o billete único, os aparcamentos disuasorios… Mentres a
AVE transformará a situación periférica das nosas cidades e os centros urbáns das
mesmas, a intermodalidade será posible só co desenrolo de sistemas metropoli-
tanos que modifiquen definitivamente a paisaxe das áreas urbanas e a vida dos
galegos e das galegas.
Pero a capacidade competitiva dos nosos núcleos urbanos, as súas posiblidades
de atraer investimentos, de ofrecer calidade de vida e servizos de primeiro orde
pasa tamén por políticas urbanísticas modernas e sostibles, onde as prioridades
sexan:
Desenvolvemento Urbano
5
Page 12
Pacto polo Territorio
12
bases e propostas
— A procura de espazos públicos de calidade e zonas verdes
— A rehabilitación e conservación do patrimonio construído, a erradicación da
infravivenda
— O incremento de zonas de mobilidade blanda –carrís bici, zonas peonís,
corredores verdes–
— Unha suficiente dotación de equipamentos públicos
— A existencia de solo productivo –na cidade central o una súa área de in-
fluencia –que permita o asentamento do tecido empresarial
O urbanismo é a ferramenta máis potente para construír comunidades equilibra-
das socialmente, modernas na súa concepción e ambiciosas nos seus obxectivos
comúns.
E para facer deste urbanismo unha realidade, faise preciso:
— Procesos participativos e transparentes que faciliten o coñecemento cidadá
das propostas e das alternativas
— Unha axeitada formación dos profesionais municipais á hora de afrontar a
planificación e a xestión do solo
— A posibilidade de contar con espazos de reflexión e debate entre os axen-
tes implicados
— Contar cunha tramitación administrativa dos instrumentos de planeamento
con prazos razonables e informes coherentes e realistas.
Page 13
Pacto polo Territorio
13
bases e propostas
Debemos garantir un modelo territorial xusto e solidario, con políticas de verte-
bración territorial, que rematen coa desigualdade entre a Galicia litoral e a Galicia
interior. Sinaladamente, e ademais das limitacións existentes en servizos públicos
de todo tipo, os estudios realizados sobre mobilidade e a rede de infraestruturas
viarias, indicador preciso sobre a capacidade que temos para estruturar e modelar
o espazo, determinan que a maior parte dos espazos naturais protexidos e das
áreas estratéxicas de conservación atópanse na Galicia interior a bastante máis de
trinta minutos dunha vía de alta capacidade, o que redunda nunha perda substan-
cial de oportunidades para zonas de moi alto valor natural, paisaxístico e cultural,
en nun lastre para o seu aproveitamento como oferta de ocio rural.
A interación secular entre a acción do home sobre a meirande parte do territorio
e dos elementos naturais e culturais da paisaxe, convértense nunha fortaleza e
nunha oportunidade para o desenvolvemento sostible, creando espazos que é ne-
cesario dinamizar e revitalizar, recuperando a súa productividade agrícola, gandeira
e forestal, de tal xeito que os instrumentos de ordenación territorial e urbanística, e
incluso os de ordenación dos recursos naturais, deben facilitar e fomentar as acti-
vidades tradicionais e aquelas outras alternativas asociadas aos servizos turísticos
e de uso público.
A política que se deseñe sobre o territorio debe ter moi en conta as nosas carac-
terísticas propias, que tamén conforman a nosa identidade cultural e patrimonial.
Non debemos deixar de lado a riqueza etnográfica e patrimonial propia de Galicia
como pobo mariñeiro e agrícola que foi. A pegada histórica destas dúas activida-
des ten conformado actitudes ante o territorio e a súa ocupación que debemos
preservar para o futuro.
No territorio galego temos 29.995 entidades singulares de poboación, o que signi-
fica unha densidade de 1,01 entidades/Km2. A tendencia xeral é a concentración
nas cidades e o seu entorno, así como no litoral. Nos 16 municipios de mais de
25.000 habitantes reside a metade dos 2.762.198 habitantes de Galicia.
A actual política de ordenación do territorio e urbanística non contempla como
unha prioridade a preservación da cultura e do patrimonio rural e mariñeiro que
herdamos para o futuro. Mais ben ao contrario, impide a súa recuperación e res-
tauración propoñendo atrancos regulamentarios que fan que moitos cidadáns que
viven no medio rural e no litoral se sintan perseguidos pola Administración.
Cremos que é unha obriga de país racionalizar a lexislación urbanística no ámbito
rural de tal xeito que se fomenten e se faciliten as actividades tradicionais da eco-
nomía e aquelas outras novas actividades vinculadas ao disfrute do noso patrimo-
nio ambiental, natural e cultural.
Queremos un compromiso do goberno para garantir a prestación de servizos bá-
sicos a toda a cidadanía, independentemente do espazo territorial no que vivan.
Desenvolvemento Rural e Litoral
6
Page 14
Pacto polo Territorio
14
bases e propostas
Queremos acordar co goberno de Galicia un plan de identificación dos valores en-
dóxenos do territorio para a súa posta en valor.
Consideramos imprescindible garantir a mobilidade a través dun servizo público de
transporte dos cidadás que habitan nos territorios máis desfavorecidos de Galicia.
Page 15
Pacto polo Territorio
15
bases e propostas
O PSdeG, consciente da súa responsabilidade como partido político central na
sociedade galega, ofrece, ó conxunto das forzas políticas e ao Goberno Galego o
PACTO POLO TERRITORIO que garanta:
— A consecución dunha ampla maioría social e política para a aprobación das Di-
retrices de Ordenación do Territorio e das liñas estratéxicas para o noso país.
— A seguridade xurídica dos galegos e galegas.
— Unha lexislación urbanística e territorial estable e forte para o debate político.
— Fortalecer a autonomía local e as competencias de planeamento dos concellos.
O acordo sustánciase nos seguintes puntos:
1. As forzas políticas galegas constituíran, con carácter inmediato, unha Mesa de
Traballo, para acordar un calendario para a aprobación das DOT, do Plan de Or-
denación do Litoral e a redacción dunha nova Lei do Solo para Galicia.
2. Debater e consensuar as DOT, como marco estratéxico para o deseño das po-
líticas territoriais e o POL como ferramenta indispensable para ordenar e deter-
minar os usos das nosas costas.
3. No Parlamento de Galicia constituírase unha Comisión Parlamentaria composta
por representantes dos tres Grupos políticos, na que se dea Audiencia ós Con-
cellos, á Fegamp, ós axentes sociais, económicos e profesionais e a partires da
cal se constituirá unha Ponencia conxunta para a elaboración dunha nova Lei de
Solo para Galicia. Como mostra do noso compromiso, e para garantir a esta-
bilidade lexislativa, os e as socialistas proporán que a lexislación incluída neste
Pacto debe ser aprobada coa maioría reforzada de 2/3.
4. Co obxecto de crear e manter un espazo de debate e reflexión para o deseño
das políticas territoriais, as forzas políticas pactarán a composición do Instituto
de Estudos do Territorio, dotando ao mesmo de recursos humanos e económi-
cos para convertelo nun foro multidisciplinar e pluriinstitucional que permita o
debate sosegado e cunha perspectiva temporal ampla.
5. Impulsar e aprobar os Plans de Mobilidade metropolitana e comarcais para in-
centivar o uso do transporte público nas áreas urbanas e rurais, e favorecer a
así intermodalidade.
6. Reformar o enfoque actual do Planeamento Xeral para convertelo en instrumen-
tos estratéxicos de carácter transversal axilizando a súa tramitación e dotando
aos Concellos de capacidade nas decisións vinculadas ao urbanismo dos seus
municipios.
7. Elaborar un Plan de identificación dos valores endóxenos do territorio cun ca-
tálogo de usos do solo que permita a diversificación social, produtiva e econó-
mica ao tempo que se ordena e protexe o valor do patrimonio natural do noso
territorio.
Propostas para o Pacto
7

Exit mobile version