Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo ofrece cursos de iniciación a internet para adulto

Segundo informa o concelleiro de Mocidade, Xavier Campos, “serán no mes de decembro, entre os días 12 e 20, e con quendas de mañá e tarde. Cun total de 16 prazas, 8 por quenda, trataremos de amosar de xeito práctico e ameno as posibilidades que nos ofrece a rede”. O prazo para inscribirse vai dende 29 de novembro ata o 9 de decembro. Coma sempre, para informarse e para inscribirse, os interesados poden pasar polo telecentro (Antonio Otero, 15-2º andar) ou ben chamar ao teléfono 982 12 07 32.

Exit mobile version