Site icon Crónica3.com A Mariña

O vicepresidente do Burela FS Pescados Rubén recoñece e agradece a persoas e entidades a implicación co club

Nota de prensa

MERITORIO TRABALLO ENTRE BASTIDORES

Xogadores, xogadoras, técnicos, patrocinadores e colaboradores, institucións públicas e con especial agarimo a afección e o alumnado da ED EON Burela FS son os grandes artífices do verdadeiro significado da familia laranxa, que tamén ten o privilexio de contar con moita outra axuda entre bastidores.

O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, aproveitou unha das súas reunións de traballo cos delegados das categorías de base para reiterarlles o agradecemento do club polo seu inestimable apoio: “A dedicación desinteresada do voso valioso tempo, así como dos auxiliares e doutras persosas que axudan en calquera outra tarefa relacionada, contribúe a que a gran maquinaria laranxa non se deteña, tendo todo a punto para que os equipos poidan desenvolver o seu traballo nas mellores condicións” díxolles Manuel Blanco aos delegados.

“O que hoxe significa o CD Burela FS Pescados Rubén é o resultado de cada pequeno xesto de colaboración brindado, porque estes dez anos na elite do fútbol sala son obra de todos vós” matizou o vicepresidente laranxa.

Exit mobile version