Seguen con enorme éxito as Charlas Médicas organizadas polo Concello de Foz. Onte tivo lugar a segunda das charlas: O cancro de colon e a súa prevención, coa doutora Vázquez Rey, acompañada da a directora médica do Hospital de Burela, Laura Ballesta e o concelleiro de Sanidade Manuel Pavón, Médico de Familia. O vindeiro impartiraa o doutor Cigarrán, especialista en Nefroloxía, e falará da hipertensión arterial. Será o xoves día 17 ás 20:00 horas na Casa da Cultura. Organiza: Concello de Foz/OMIC e Hospital Comarcal da Costa