Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro sobre oratoria e comunicación verbal en Xove

O 11 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar na OMIX  o obradoiro ” TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN VERBAL”, dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 15 e 30 anos. Os contidos desta actividade son, entre outros, o arte de falar en público, a confianza e seguridade persoal e a elaboración e exposición de discursos ou traballos para súa exposición en público. As persoas interesadas poden anotarse na OMIX ata o día 8 de novembro. As persoas participantes terán dereito a un diploma de asistencia, homologado pola Xunta de Galicia.

Exit mobile version