Site icon Crónica3.com A Mariña

Os mercados financieros, os gobernos técnicos e a democracia

OS MERCADOS FINANCIEROS, OS GOBERNOS TÉCNICOS E A DEMOCRACIA

Europa está a sufrir unha importante crise económica. Non hai pais que en maior ou menor medida non estea a sufrir os seus efectos, e aínda que os políticos dos diferentes países tratan de tomar as medidas que consideran mais axeitadas e aquelas que lles fan chegar dende a Unión Europea non conseguen aloxar as dificultades económicas.

A maioría destas medidas supoñen importantes esforzos e recortes de dereitos e de servizos para os cidadáns, que están perdendo a confianza nos seus dirixentes e na crase política en xeral.

Os políticos que están a encarar a crise dende o goberno están a pagar as consecuencias perdendo as eleccións as que se presentan, como pasou en Portugal e vai pasar en España seguramente.

Tamén hai casos en que a Unión Europea e os mercados financeiros presionan os gobernos de tal maneira que lles fan dimitir, como e o caso de Papandreu en Grecia e de Beslusconi en Italia.

Papandreu cometeu o grave pecado de querer consultar as reformas a aplicar os cidadáns en referendum. Parece que en democracia consultar os cidadáns e un grave pecado.

O caso de Berlusconi parece ser que non foi todo o dilixente que tiña que ser en implantar as reformas que lle solicitaron dende a Unión Europea, ademais que non era unha persoa dócil para Merker e Sarkozi.

En Grecia e Italia teñen dous novos gobernos. Gobernos compostos na súa totalidade por técnicos. Técnicos que entenden moito de números, pero que non son políticos nin entenden de política.

Os cidadáns están a recibir estes gobernos con dúbidas e con expectación. Pensan que lles poden axudar a resolver os problemas económicos e a saír da crise, pero non o ben de todo claro.

Eu neste momento e nesta situación quero facer as seguintes reflexións:

– Considero que ningún mercado financeiro, nin ningún organismo internacional, nin sequera a Unión Europea debe de estar por riba dos cidadáns de un pais. Os cidadáns elixen os seus representantes e a través destes o seu goberno, e en democracia son os cidadáns e os seus representantes quen deben de cambiar os gobernos cando así o consideren. E ninguén externo ten dereito a interferir neste proceso, por moito que lle desguste.

– Os cidadáns quéixanse dos políticos e pensan que toda a culpa da crise a teñen eles. E poden ter parte de razón. E certo que hoxe escasean os políticos de prestixio, con maiúsculas, e abundan os políticos profesionais que tratan de buscar na política un oficio e colocarse de algunha maneira en algún que outro posto.

– Pero non toda a culpa e dos políticos. A crise en boa parte e debida os famosos mercados financeiros. Mercados financeiros que non teñen corazón e no único que pensan e en gañar mais e mais diñeiro, sen importarlle para nada a situación dos cidadáns nin as consecuencias das súas políticas.

– Con respecto os gobernos compostos por técnicos, temos que pensar que técnicos tamén son aqueles que están a fronte dos bancos. Técnicos foron os que tomaron as decisións que levaron os bancos as dificultades económicas. Bancos os que tivemos que axudar economicamente con cartos públicos. Técnicos tamén foron en moitos casos os que tiveron os frontes dos organismos e dos mercados que xeraron en boa medida a actual crise.

– A maioría dos recortes e dos dereitos que estamos a perder os traballadores son debido a medidas impostas por a Unión Europea e os mercados financeiros e que os nosos políticos están a aplicar sen queixarse.

– Os gobernos compostos por técnicos van aplicar decisións económicas sen importarlles as consecuencias que podan supoñer para os cidadáns. Por exemplo, si fan recortes en materia sanitaria ou en educación, farano só dende o punto de vista económico e non se pararan en mirar que colectivos poden ou non facer fronte as medidas que eles están a aplicar. Non entenden de temas sociais, nin de solidaridade social, so de números, e o deles.

Eu quero gobernos de políticos. Políticos honrados, legais, sociais. Políticos con maiúsculas. Os técnicos o seu, os números. E que os fagan ben que non tan obrigados a mais.

O FAREIRO DE FOZ

Exit mobile version