Site icon Crónica3.com A Mariña

Ponse a andar en Ribadeo a asociación cultural Casa das Letras

Nota de prensa:

Casa das Letras nace o 21 de xullo de 2005 como un proxecto cultural privado co que contribuir a potenciar e poñer en valor aos escritores e ás súas obras da zona asturgalaica facendo especial fincapé nos autores ribadenses.

Hoxe, despós de seis anos e perto de 200 actividades programadas (presentación de libros, táboas redondas, conferencias, exposicións,…), queremos dar un paso cara adiante, dando a coñecer a posta en marcha da ASOCIACIÓN CULTURAL CASA DAS LETRAS.

A Asociación foi constituida no pasado més de setembro (adxuntamos copia da acta fundacional) e nomeuse unha Xunta Xestora composta por 5 membros á que se encomendou a tarefa de levar adiante as necesarias labouras administrativas.

Sen perder de vista os obxectivos que o proxecto cultural Casa das Letras ten desde o ano 2005, serán duas as liñas de traballo nas que se basará a actividade da asociación:

1) Promoción socio cultural

2) Promoción das Rutas Xacobeas: Camiño do Norte

Esto suporá a elaboración dunha programación de actividades contínua ao longo do ano co obxectivo final de conquerir un proxecto que aporte o seu grao de area nesa consolidación definitiva de Ribadeo como referente cultural nunha ampla comarca que se extende ás duas marxes da Ría de Ribadeo.

O vindeiro mércores 23 de novembro, ás 20:30 h, terá lugar a primeira actividade programada pola Asociación Cultural Casa das Letras:

TÁBOA REDONDA: Análisis dos resultados das Eleccións Xerais 2011

Xose Luis Barreiro Rivas ( Politólogo)

Ernesto Sánchez Pombo (Periodista)

María Martínez Val (Periodista)

Modera: Carmen Cruzado (Periodista)

Exit mobile version