
A galería Sargadelos da Coruña acolleu o xoves a primeira presentación publica do xornal Praza. Os promotores da iniciativa realizarán presentacións da nova cabeceira dixital noutras localidades. Praza Pública, nome do novo xornal, publicarase o vindeiro ano. Entre os promotores do proxecto atópanse Manolo Barreiro, Filipe Diez e Marcos Pérez. A arquitectura da publicación é un traballo de A Navalla Suiza.