Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematar as obras de acondicionamento dun área recreativa no entorno do centro social de Sumoas en Xove

Nota de prensa

ACONDICIONAMENTO DUN ÁREA RECREATIVA NO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS, CON CREACIÓN DE ESPAZOS PARA XOGOS TRADICIONAIS.

Onte, 2 de novembro, o Alcalde Demetrio Salgueiro, xunto co Concelleiro de Obras José Manuel González e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias realizaron unha visita ao Centro Social de Sumoas, onde acaban de rematar as obras de acondicionamento dun ÁREA RECREATIVA, QUE INCLÚE ESPAZOS PARA XOGOS TRADICIONAIS, no entorno do Centro Social.

Esta obra, que tiña un orzamento total de 49.907,83 euros, contou cunha subvención da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 39.926´60 €uros, sendo o resto aportado polo Concello.

A obra realizada incide en dous espazos diferentes do entorno do Centro Social:

-Área de Xogos Infantís: aquí realizouse un acotamento e acondicionamento deste espazo, que incluiu a instalación dun chan de corcho en toda a área.

-Área de Xogos Tradicionais: a parte máis importante de todo o proxecto realizouse neste espazo. Recordamos aquí que a intervención nesta área responde a unha demanda dos veciños e practicantes dos deportes autóctonos do Concello, máis concretamente, dos numerosos xogadores/as deste deporte no noso Concello. Non podemos olvidarnos de que Xove é un dos Concellos de Galicia que máis traballan e invisten neste deporte tradicional, como así o amosa o Torneo que organiza tódolos anos ou as boleras das que dispoñen tódolos centros socias municipais.

Os traballos realizados nesta área, foron:

-Realización dunha estrutura de Madeira cuberta, así como a habilitación do terreo cos seus complementos para a práctica do xogo propiamente dito. Neste sentido, dentro desta área vai unha bolera para práctica da modalidade de bolos de Xove e outra para práctica dos chamados bolos celtas, que é a modalidade única que comparten tódolos clubs de Galicia.

-Disposición dunha zona de zahorra compactada na totalidade do espacio destinado ao xogo, a cal vai cuberta cunha capa de terra, presentando unha superficie de herba.

-Construcción dun muro de separación da Área de Xogos Infantís da zona de Xogos Tradicionais.

-Colocación dunha rede de 30 metros de longo por 5 de outo para protección do entorno durante o desenvolvemento do xogo.

-Disposición de gradas para ubicación de xogadores e público.

-Disposición de dous proxectores na zona de xogo e alumeado na zona interior cuberta.

Por último, decir que dende o Concello se lle quer agradecer á Xunta de Galicia, e máis concretamente á Consellería de Presidencia, a concesión desta importante subvención, a cal lle vai permitir a tódolos usuarios do Centro Social de Sumoas unha mellora na calidade dos seus servizos, e a tódolos xogadores/as de bolos do Concello un espazo que estamos seguro vai ser unha referencia dentro da praxis deste deporte.

Exit mobile version