Site icon Crónica3.com A Mariña

Saúde e Servizos Sociais de Ribadeo organiza o programa “EnREDatE con xeito” sobre as redes sociais

Nota de prensa

A CONCELLARÍA DE SAÚDE E SERVIZOS SOCIAIS PON EN MARCHA O PROGRAMA ENREDATE CON XEITO PARA EDUCAR E PREVIR SOBRE AS REDES SOCIAIS. VÁISE DESENVOLVER NOS CENTROS DE ENSINO SECUNDARIO E CONTARÁ COA PRESENZA DE JORGE CASTRO RUSO, AUTOR DE VARIOS BLOGUES QUE LEVA ANOS ADICÁNDOSE ÁS TECNOLOXÍAS DA EDUCACIÓN E DA INFORMACIÓN.

Ribadeo, 15 de novembro de 2011. A Concellaría de Saúde e Servizos Sociais, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e Trastornos Adictivos, pon en marcha o programa EnREDatE con xeito co obxectivo de educar e previr sobre as redes sociais.
A edil Mª Teresa González Piñeiroa sinalou que “esta vez son a redes sociais as que nos ocupan (Facebook, Tuenti, Twitter…).Os destinatarios non son só @s moz@s senón tamén as familias e a veciñanza en xeral. Os nosos obxectivos con este programa son facer reflexionar @s moz@s sobre o tempo que adican a estas redes, formalos para que sexan conscientes da necesidade de protexer a intimidade na rede e animar ás familias a que se informen e usen estas ferramentas coma un medio de achegamento aos seus fillos e fillas. Trátase de explotar este potencial didáctico e social, pero coa prudencia que ofrece unha boa formación e información”.
A concelleira nacionalista explicou que “o traballo que imos facer para acadar isto é un breve audiovisual realizado polos propios alumn@s participantes, que, de esta maneira actuarán como mediadores (110 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO dos centros de ensino secundario Sagrado Corazón, IES Dionisio Gamallo Fierros, e IES Porta da Auga)”. E engadiu que “contaremos coa inestimable axuda dos equipos directivos dos centros, dos departamentos de Orientación e sobre todo dos titores-as e dos alumn@s de 1º e 2º ESO, e tamén coa colaboración dun experto Jorge Castro Ruso, autor dos blogues Menores en red e Menores en rede, que leva máis de 20 anos traballando no eido da educación non formal e 3 adicándose especialmente ás tecnoloxías da educación e da información”.
O programa EnREDatE con xeito dará comezo o vindeiro 24 de novembro, González Piñeiroa manifestou que “rematadas as reunións entre os responsables dos centros de ensino e esta Concellaría, xa podemos dicir que o programa se atopa en marcha e que as datas previstas para ter a Jorge Castro Ruso entre nós son o vindeiro 24 de novembro e 2 de decembro. O noso agradecemento desde aquí pola súa inestimable colaboración”.

Exit mobile version