Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Socias de Burela conmemora o día para a eliminación da violencia contra as mulleres

Nota de prensa

O CONCELLO CONVOCA O I CONCURSO DE LEMAS E O V CONCURSO DE MICRORRELATOS 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Burela, 10 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Socias, Igualdade e Muller convoca o I Concurso de Lemas e o V Concurso de Microrrelatos co gallo da celebración o 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

O obxectivo do I Concurso de Lemas “é transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”. Poderán participar todas as persoas empadroadas no concello de Burela. Cada unha poderá enviar un máximo de 5 lemas vía correo electrónico a cim@burela.org, indicando que se trata do I Concurso de Lemas. Ten que incluir o seu nome completo, o seu número de teléfono e unha dirección de correo electrónico á que se poida responder. O lema debe estar composto por un máximo de sete palabras e debe ser suficientemente significativo e estar relacionado co tema proposto.

Desde a Concellería de Igualdade e Muller sinalan que “entre todos os recibidos escolleráse un, que será o que distinga a celebración do día internacional contra a violencia de xénero do ano 2012”. O prazo de entrega rematará o vindeiro 18 de novembro. O lema gañador daráse a coñecer no acto público que terá lugar o 25 de novembro.

No V Concurso de Microrrelatos tamén poderán participar todas as persoas empadroadas no concello de Burela. Establécense dúas categorías: menores de 18 anos e maiores desta idade. Os traballos presentaránse en folios tamaño A4, cunha extensión máxima de medio folio, preferiblemente en times new roman 12, en galego, e ademáis en soporte informático, si é posible. Os microrrelatos, asinados cun pseudónimo, deberán entregarse antes do 18 de novembro no CIM do Concello de Burela. Deberán ir nun sobre ao que se adxuntará outro pechado no que figurarán os datos da persoa autora do microrrelato. Haberá un premio por categoría dotado con 150 euros.

Exit mobile version