Nota de prensa
O acto tivo lugar esta tarde na sede de Fademga en Santiago e nel estiveron presentes Eladio Fernández en nome de Special Olympics e José María González Barcia, presidente da Fundación Eu Son. Barcia estivo acompañado pola membro do patronato da Fundación Eu Son, Diana Durán.
Segundo explicou a tamén concelleira de Servizos Sociais “gracias a este convenio Special Olympics cédelle un técnico á Fundación Eu Son para levar adiante todas as actividades de ocio, tempo de lecer… desde xa e ata o mes de agosto do vindeiro ano”.