Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro afeccionado en San Cibrao

O domingo, 13 de novembro, ás 19.00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao a posta en escena da obra “Recobrou o sorriso Eleuterio” a cargo do grupo de Teatro afeccionado “Os Baluros” de Castro de Rei. Esta actuación enmárcase dentro do proxecto “Buxiganga”, no que participa o Concello de Cervo xunto coa Deputación de Lugo. A entrada será libre e gratuíta.

Exit mobile version