Site icon Crónica3.com A Mariña

Técnicos de turismo comprobaron en Sargadelos o estado do conxunto histórico para a súa posta en valor

Nota de prensa

TÉCNICOS DA S.X. DE TURISMO DESPRAZÁRONSE ATA SARGADEOS PARA COMPROBAR IN SITU O ESTADO DO CONXUNTO HISTÓRICO ANTES DE ACOMETER A SÚA POSTA EN VALOR

Coñeceron sobre o terreo o proxecto municipal de recuperar a zona do antigo mesón, a rúa e as vivendas dos traballadores da vella fundición para destinalo a hotel da Natureza

Este proxecto e outros traballos de recuperación deste enclave histórico-artístico contan con consignación orzamentaria nos presupostos da Xunta do 2012

Cervo, 4 de novembro de 2011.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e os concelleiros do grupo de Goberno, Begoña Alonso (Medio Ambiente e Turismo) e José Ramón Soto (Deportes, Seguridade Cidadá e Protección Civil) visitaron xunto con técnicos da Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia o entorno histórico artístico de Sargadelos co obxecto de ver sobre o terreo o estado no que se atopan varias das construcións deste enclave e levar adiante a súa recuperación para destinalas a un Hotel da Natureza.

Segundo explicou o rexedor, esta actuación abarcaría a zona de titularidade municipal comprendida polo antigo mesón, a rúa e as vivendas dos traballadores da vella fundición. Este é un proxecto que data do ano 2001, cando se comezou a recuperación integral do Conxunto Histórico. Daquela, os traballos iniciáronse coa preservación do contorno natural e posteriormente en diversas fases se acometeu a recuperación das antigas carboeiras (recinto que actualmente está destinado a albergar exposicións) e o afianzamento das estruturas das edificacións da contorna deste conxunto. “Agora, -indicou Villares- pensamos que é necesario retomar este ambicioso proxecto. Por iso, pretendemos restaurar estas edificacións coa axuda da Xunta de Galicia e albergar nelas un Hotel da Natureza, algo fundamental para revitalizar este enclave de gran valor histórico, artístico e medioambiental” dixo Villares.

O rexedor cervense amosouse confiado en que a creación deste Hotel da Natureza poda ser unha realidade e lembrou que nos orzamentos do 2012 a Xunta destina unha cantidade económica dun millón de euros para levar adiante diversos traballos de recuperación deste complexo siderúrxico e cerámico fundado hai máis de 200 anos por Raimundo Ibáñez.

Exit mobile version