Site icon Crónica3.com A Mariña

Trasbar celebrou un magosto

Estamos moi contentos coa resposta da xente ás actividades que se están organizando por esta asociación. Ao magosto asistiu moita xente e de todas as idades. Repartíronse castañas asadas e bolos preñados e para rematar houbo música e bailoteo. Recordamos que o día 23 ás 19.00 h é a última clase do curso de cociña que se está levando a cabo no Local social de Trasbar.

Exit mobile version