Site icon Crónica3.com A Mariña

UDIVAL explica que as únicas propostas que leva o goberno do Valadouro ao pleno son subida de taxas e prezos públicos

Nota de prensa

PLENO ORDINARIO DA CORPORACIÓN DO VALADOURO ( 4/11/2011)

É preocupante , por definilo de algunha maneira, ver como as únicas propostas, que leva o equipo de goberno local de O Valadouro ao pleno, están relacionadas con subida de taxas e prezos públicos para os cidadáns, que viven ou desexen instalarse neste pobo: “taxa reguladora de licencia de apertura de actividades” e “Imposto sobre construccións, instalacións e obras”.

Queda claro que a maior preocupación do noso alcalde, dentro das poucas que asegurou que ten no seu posto, é recadar cartos dos que desexen facer algo neste Concello e pretende xustificar estas subidas pois, como di na proposta do acordo de modificación da ordenanza fiscal, “ esta taxa é necesaria para este concello toda vez que os recursos correntes resultan, na actualidade, insuficientes para facer fronte ás diversas obrigacións da competencia municipais”.

En base a esto gustaríanos que todos os cidadáns de Valadouro reflexionasen sobre cál ou cáles son os gastos, ou obrigas, que diferencian a situación actual da que se vivía hasta fai ven pouco. Recordemos que o propio Lamela o 25 de setembro dixo en prensa que este era un concello saneado, sen problemas económicos, pero, pola contra, o único que está a propor son medidas para “sangrar” aos veciños.

A nós, como a outros moitos seguramente, vennos á mente unha partida presupostaría, bastante considerable , que temos na actualidade e non existía ata agora: o soldo do alcalde-presidente.

Os independentes non estamos en contra de que se cobre por traballar, pero si, como expuxemos no seu momento, de que ese custe sexa desproporcionado e abusivo para un Concello tan pequeno como e o noso.

¿Por qué non pensou D. Lamela en que “ os recursos correntes eran insuficientes” antes de fixarse 2.500 €, máis seguridade social, como pago ao seu traballo como rexedor?, ou, se naquel momento non era consciente, ¿por qué non leva ao pleno unha proposta de reducción do seu soldo en lugar da subida de impostos?.

Para que os veciños valoren o que lles pode supoñer esta subida vamos a poñer un exemplo: se facer unha casa ten un presuposto de 150.000€, na actualidade a licencia é un 1,75% desa cantidade (2625€) e, se a proposta do alcalde sae adiante, pasará a ser un 3% (4500€).

Ata o momento existe un tipo de imposto progresivo en función do presuposto da obra:
– ata 2.000€——————————–? 0.25%
– de 2.000,01€ a 150.253,03————-? 1,75%
– de 150.253,04€ a 600.101,21€ ——-? 2.25%
– máis de 600.101,22€ ——————-?4.00%,
e o PP propón que pasemos a pagar como licencia un 3% en todos os casos.

Queremos pedirlle a D. Lamela que revise ( pois supoñemos que a coñece e manexa ) a “Lei de facendas locais” na que queda ven claro que a fiscalidade debe axustarse ao principio de capacidade económica, e así comprenderá porque os independentes non podemos permitir que sexa tratado por igual un veciño que vai reformar súa casa e unha multinacional que desexa instalar aeroxeneradores nos nosos montes.

Respecto ao outro punto do día, as taxas de licencia de apertura de actividades, pensamos que no momento que estamos a vivir é preciso facilitar a apertura de todo negocio que desexe instalarse aquí, diminuíndo ao mínimo as taxas (os ingresos que podemos perder con esta medida son mínimos), reducindo a documentación necesaria e axilizando a concesión da licencia. En resumo dar facilidades, non poñer trabas.

Esperemos que TODAS as forzas da oposición nos axuden a frear este despropósito e protexer os intereses dos nosos conveciños, ao mesmo tempo que esixímoslle a D. José Lamela que empece a ter criterio, pois non se pode “alardear” da boa situación financeira de Valadouro en setembro e un mes máis tarde propoñer unha subida de impostos alegando precisamente falta de ingresos.

Exit mobile version