Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 100 alumnos participan nas xornadas micolóxicas que organiza o IES de Foz en colaboración cos Bolouros

Nota de prensa:

As xornadas micolóxicos que organiza o Departamento de Hostelería teñen lugar esta semana no IES de Foz. Case 100 alumnos dos ciclos formativos de grao medio e superior participan nesta actividade.

A asociación micolóxica Os Bolouros de Foz colabora co centro na identificación dos cogomelos. O luns 14 é a primeira saída ao Campo do Oso e o martes 15 á Fraga Vella, en Mondoñedo.

O punto final das xornadas será a degustación, o xoves 17,   na cafetería do Departamento de Hostelería. Os alumnos prepararán catorce platos entre os que poderemos degustar croquetas de polo con boletus, pementos do piquillo recheos, revolto, raviolis con boletus ou arroz con leite de cantarelas.

Durante toda a semana tamén haberá unha exposición dos exemplares recollidos no monte aberta a todo o público.

Exit mobile version