Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ asegura que o PP “segue a enganarnos outra vez máis”

NOTA DE PRENSA

Despois de ver as declaracións do PP onde se nos comunica aos veciños de Foz, que mediante unha enmenda do PP, figurará unha partida para o dragado do noso porto, temos que manifestar que o PP de Foz segue a enganarnos outra vez máis.

Si fora certo iso que nos dixeron fai uns días, que o dragado do porto figuraba nunha partida xenérica, como é posible que agora o propio partido PP que foi quen fixo os orzamentos teña que facer unha enmenda aos seus propios orzamentos para que figure unha partida presupostaria para facer o dragado?.(nota de prensa 29/10/11 La Voz de Galicia).

UNIFOZ, quere pedirlle ao PP de Foz, que si é tan fácil xerar partidas, e que xá que está a facer enmedas aos orzamentos, fagan tamén unha para que figure unha partida para a Residencia de Maiores e Centro de Día de Foz e de paso outra para que nos orzamentos tamén figure unha partida para o PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR, pois no ano 2010 o Concello de Foz recibiu unha axuda de 21.000 € e este ano 2011, 3.000 €, así pois houbo un recorte de 18.000 € o que segundo as nosas contas supón unha baixada dun 86% ainda que hai quen nos quere decir que a baixada so é do 5%.

UNIFOZ, ten que rexeitar enérxicamente ese recorte no PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR, e presentará unha moción no Concello, pois é un recorte que condiciona gravemente este servizo, e terá unha repercusión importate nas familias máis necesitadas.

O Portavoz

Jaime Cancio Rodríguez

Exit mobile version