Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ interesase pola recollida de lixo e proponlle ao alcalde de Foz que o concello amañe servizos deteriorados e acometa melloras

REFERENCIA 1/2

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
Presenta a seguinte PREGUNTA:

Ante as numerosas queixas dos veciños do medio rural polo deficitario servizo de recollida de lixo, tanto no verán como nestes momentos.É polo que

PREGUNTAMOS:

Cantos días se fai a recollida de lixo nas parroquias?

Que días e en que parroquias se fai a recollidade lixo?

REFERENCIA 2/2

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo municipal de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside a través do seu portavoz Jaime Cancio Rodriguez
Presentamos os seguintes ROGOS:

1.- Que no Porto de Foz, dende fai anos está instalado a PISTA DE SKEY nun espazo adicado a que os rapaces fagan actividades .

Que ao día de hoxe unha das columnas da entrada ao recinto está semi-rota, e é un serio perigo ante a posibilidade de que poda caer sobre un rapaz.

Que ese espazo físico non ten WC, o que representa un problema de saúde pública.

Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas para dar urxente solución a estes problemas plantexados.
2..- Que no lugar de Bao –Sta Cecilia os veciños non poden facer uso do panel de anúncios no lugar de Soutonovo, por encontrarse éste en moi mal estado, así mesmo neste mesmo lugar tamén se encontra en estado de abandono a fonte pública, pola cantidade de maleza.

Que nesta mesma parroquia de Sta Cecilia, concretamente na igrexa, debido a precaria situación da instalación de auga, hai unha fuga, que este provocando unha importante perdida de auga e o correspondente gasto na factura para o concello-

Que na parroquia de Sta Cecilia encóntrase un Cristo que ante a falta de atención como se pode ver na foto a súa imaxe fala por si sola, así pois pensando no noso patrimonio é urxente e necesario que se realicen melloras no mencionado lugar.

Por todo isto ROGAMOSLLE, que tomen as medidas oportunas para dar solución a estes problemas.

3.-Que, na rúa Illa Nova esquina coa rúa Rego de Foz, podemos ver como de forma desproporcionada, desorganizada e con certo perigo (invadindo un paso de peóns) hai unha serie de contenedores, sen ningún tipo de soporte para a súa suxeción, encontrándose os soportes a uns metros de distancia sen ter ningunha utilidade, o que parece que no pasado os mecionados contenedores estaban noutro lugar xunto cos seus repectivos soportes.

Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas para reorganizar a instalación dos contenedores expostos para que podan dar o mellor servizo co menor impacto visual e non supoñan perigo algún para a seguridade vial.

4.-Que na parroquia de Nois no lugar de Cabanas, a falta de limpeza das cunetas que baixan pola Pena, ocasionan que cando chove a auga métese dentro da propiedade dalgún domicilio.

Que na mesma parroquia preto da praia das Polas, hai un pozo de bombeo para augas residuais, que ao dia de hoxe non funciona, e por outro lado cando chove inúndase e revosa pola rúa colindante coas consecuencias que iso xenera, así pois e necesario a súa posta en funcionamento así como separar as augas pluviais para que non entren na canalización de pluviais para evitar ter que bombear esas aungas innecesariamente.

Que na parroquia de Nois, lugar de Candín -Crta das Polas, diariamente os rapaces do lugar teñen que coller o bus para o colexio, sen dispoñer no lugar de ningún refuxio, nin marquesiña, co conseguinte perxuicio en días de frío e choiva, e polo que consideramos necesario a instalción dunha marquesiña, que en caso de non dispoñer de ningunha poden retirar a que se encontra abandoada en Cabanas –Demoroi (adxuntase foto)

Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas, para dar resposta a estas deficiencias.

5.- Que os veciños de Vilaxoane, teñen que diariamente cruzar a Crta. de San Martiño-Ver, para depositar o lixo nos contenedores sen ningún paso de peóns que lles permita facelo con certa seguridade vial, así pois é necesario a instalción de un contenedor de orgánicos na marxen dereita da N.642 , co enlace da antiga Crta. San Martiño para dar solución ao problema palantexado.

Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas, para dar resposta a estas deficiencias.

6.- Que na parroquia de Fazouro, Crta de Pardiñas, intersección con N.642, a canalización de augas pluviais encóntrase rota, isto supón un perigo para os veciños colindantes coa N.642, por que a auga desta canalización pode invadir as casas dos veciños.
Por todo o exposto ROGASMOLLE, tome as medidas oportunas, para dar resposta a estas deficiências.

7-Que o Paseo de Malates, é unha das referencias para as persoas do pobo e turistas que lle gusta pasear e disfrutar na nosa paisaxe, pero é tal o deterioro e falta de coidado do mesmo, que a súa imaxe tal e como o recollemos na foto adxunto está a ser algo negativo para o noso Pobo.

Por todo o exposto ROGASMOLLE, que con urxencia tome as medidas oportunas, para dar resposta a estas deficiências.

Exit mobile version