Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ interesase pola situación da marquesiña na parroquia de San Acisclo en Foz

Nota de prensa 1/2

INTENCIONALIDADE , CAPRICHO OU CHULERÍA???

Esta é a pregunta que nos facemos UNIFOZ e seguro que moitos dos veciños/as de San Acisclo (Foz), despois de ver a situación ,e ver onde se decidiu instalar unha marquesiña nesa parroquia.

Os veciños de San Acisclo despois das consecuencias das obras da crta Ferreira –Foz pediron que se instalara unha parada de bus e unha marquesiña para transporte escolar e tamén para liña regular.

Fai uns días procedeuse a facer a parada de bus , tal e como se ve na foto adxunta e mesmo se deixou rebaixe no bordillo para instalar colindante coa parada a marquesiña.

Nesta mesma semana traballadores do Concello procederon a a facer a base para a marquesiña fora de onde está a parada e fronte a un paso de peóns, algo que desconcertou aos veciños e que non se entende.

Nun primeiro momento pensouse que fora un erro, pero máis tarde a este portavoz foille confirmado polo propio Alcalde que a Marquesiña se poñería nese lugar sen máis razón.

UNIFOZ, considera o feito como grave, pois entendemos que a lóxica, o sentido común e os veciños din xusto o contrario do que se pretende facer.Por todo isto

Solicitamos do Sr Alcalde se proceda a instalación da Marquesiña na parada do bus, lugar onde estaba previsto instalala inicialmente.

UNIFOZ

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Nota de prensa 2/2

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ  e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
Presenta a seguinte PREGUNTA:

Que por parte do Concello iniciáronse as obras para instalación dunha marquesiña no cruce da carretera LU152 coa LU151 na parroquia de San Acisclo .

Que a mencionada instalación incomprensiblemente non se fai na parada de bus, e se fai fora da parada. É polo que

PREGUNTAMOS:

Cales son os motivos para que a marquesiña non se instale na parada de bus?

Solicitouse permiso á Xunta de Galicia como titular da estrada para a súa instalación en ese emprazamento?

Exit mobile version