Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presentou tres mocións solicitando o acordo da corporación para instar a Xunta en asuntos de sanidade e turismo

Mocións 1/3

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPÓN:

A Sanidade Pública e Universal é un dos dereitos nos que dende a Corporación Municipal temos que traballar para conquerir cada día máis e mellor servizo.

Á vista das últimas noticias que día trás día están a aparecer nos medios de comunicación en voz dos traballadores, sindicatos e ciudadanos, parece que se están recortando servizos na sanidade pública, o que semella o desmantelamento da nosa área sanitaria.

Os recortes da Consellería empeoran a sanidade día a día

Na UDO ( unidade da dor), deixáronse de poñer as infiltracións para a dor a doentes graves. Non se lles da solución a estos enfermos e indícaselles que vaian á privada.

Reduciron o persoal e eliminaron as substitucións, incluso no verán que aumenta a poboación ou durante a campaña da gripe. Se hai menos profesionais para atender á poboación a calidade asistencial baixa.

Centros de Atención Primaria (Vicedo, Barreiros) estiveron sen dotación de persoal de urxencias durante as mañás das súas festas locais deste verán.

A Conselleira minte cando di que as listas de espera diminúen. Temos datos que corroboran que isto non é así, aumentan e cada día máis. Non nos poden enganar porque todos coñecemos xente que leva esperando por unha cita meses e meses.

Seguen pendentes de analizar infinidade de citoloxías que se mandaron dende os centros de saúde. Se temos en conta as estatísticas algunha dará como resultado un cancro.

Mentres as salas de rehabilitación dos centros de saúde seguen a estar pechadas polas tardes, seguen a derivar pacientes aos centros privados

Suprimen servizos de ambulancia …

UNIFOZ, presenta esta MOCIÓN para solicitar o seguinte acordo da Corporación Municipal:

Instar a Xunta de Galicia ao fortalecemento da nosa área sanitaria e dotala de mais e mellores servizos.

Mocións 2/3

Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :

EXPÓN:

UNIFOZ, considera que o servizo de axuda no fogar, é un dos servizos básicos para os veciños en especial para aqueles que máis dificultades teñen.

A chamada Lei de Dependencia, está a ter un resaso na súa aplicación, que fai que nalgún caso chege demasiado tarde a algúns veciños.

Así pois a Axuda no Fogar é a única opción que teñen os veciños necesitados do noso Concello.

O Concello de Foz, ten urxente necesidade de duplicar o servizo de Axuda no Fogar, pero para poder facelo necesita os recursos suficientes.

Que no ano 2010 o Concello de Foz recibiu da Xunta de Galicia 21.000 € para este programa, e no presente ano 2011 recibiu comunicación da Xunta dunha axuda para este program de tan solo 3000 €, cantidade ridícula para as necesidades que teñen os nosos veciños por este concepto.

Os datos expostos significan un RECORTE de mais do 85% moi diferente a ese 5% que nos queren facer ver dendê a Xunta de Galicia. Por todo o exposto

UNIFOZ, presenta esta MOCIÓN para solicitar o seguinte acordo da Corporación Municipal:

– Instar a Xunta de Galicia a ampliación orzamentaria da partida adicada ao programa de AXUDA NO FOGAR, para que o noso Concello poda seguir prestando e mellorando o mencionado servizo.

Mocións 3/3

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e nos seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez

EXPÓN:

Que a promoción turística e conservación de patrimonio son valores nos que temos que traballar dende a Corporación Municipal, para conseguir que o noso Pobo sexa cada día un referente turístico 365 días do ano.

No sentido do exposto con anterioridade, o noso pobo dispón de dous lugares onde se encontran dúas referencias do noso patrimonio e por conseguinte tamén referencias turísticas como son A FROUXEIRA E OS CASTROS DE FAZOURO.

Tanto nun caso como o outro ainda que se fixeron diferentes actuacións son necesarias melloras importantes, en especial na Frouxeira debido ao seu estado de deterioro e abandono. Por todo isto, pola presente MOCIÓN solicitamos acordo da Corporación para:

– Instar a Xunta de Galicia para a realización dun plan de actuación para a reforma integral e posta en valor do lugar da FROUXEIRA así como dos CASTROS DE FAZOURO

Exit mobile version