Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ tacha de alarmista ao alcalde de Foz e considera que é necesario un plan real de aforro enerxético

NOTA DE PRENSA

Desproporcinada, alarmista, irresponsable, …son os calificativos que temos que empregar para definir as declaracións do Sr Alcalde de Foz, cando fai uns días se atrevía a desprestixiar ao noso pobo e dicir que ao Concello de Foz lle podían cortar a luz, por impago de recibos.

O Sr Alcalde e o E. de Goberno saben que iso non sucederá, porque entre outras cousas o Concello ten recursos suficientes para facer fronte a esa débeda (fai uns días que se puxo ao cobro o IBI que son 1.511.000 €) e ademais si iso chegara a pasar, esta claro que o Sr Alcalde e o E.de Goberno terían que dimitir por irresponsabilidade e por incompetencia, pois isto sería a consecuencia da súa falta de xestión.

O goberno do PP de Foz, leva preto de 5 meses tapando a súa incapacidade de xestión con presuntas dificultades económicas, que non deixan de ser máis que situacións máis ou menos difíciles e similares a outros concellos.

Segue a haber unha total desorganización do persoal municipal e un abandono no que se refire a mantemento de zonas verdes e paseos, como o demostra o lamentable estado no que se encontra o Paseo de Malates, a pesar de que por parte do E.Goberno estase empregando a privatización como fórmula de xestión como o indica a contratación de traballos de xardinería e mesmo os Curso de Lecer que se están organizando dende a D. de Cultura.

UNIFOZ, considera que é necesario un plan real de aforro enerxético, é necesario a organización e planificación dos traballos municipais, e de limpeza e mantemento, e aproveitar os recursos materiais e de persoal dos que dispón o Concello, así como traballar na incorporación de máis ingresos, e nese sentido UNIFOZ, sigue manifestando publicamente a súa disposición a axudar a gobernar.

Sr. Alcalde, póñase a facer xestión e deixe xa de lamentarse, deixe de privatizar servizos, deixe de poñer como excusa diaria a falta de recursos, pois iso xa non cola, Vostede é o Alcalde e é quen ten que xestionar e buscar solucións, e si non as encontra, e se consideran incapaces de facer fronte a solución, UNIFOZ, recoméndalle que poña na mesa unha proposta económica vinculada a unha moción de confianza.

Exit mobile version