Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Mondoñedo, acompañados pola portavoz do PP mindoniense, visitaron o Parlamento de Galicia

Nota de prensa

Veciños de Mondoñedo, acompañados pola edil popular Elena Candia, visitaron hoxe o Parlamento de Galicia. A súa estancia no Pazo do Hórreo, sede da Cámara lexislativa galega, coincidiu coa segunda sesión plenaria polo que todos eles tiveron oportunidade de presenciar en directo os debates das distintas iniciativas que formaban parta da orde do día.

Á súa chegada foron recibidos polo Secretario do Parlamento, o tamén mariñán, Jose Manuel Balseiro e durante a visita tamén recibirono saúdo dos deputados mariñáns das tres forzas políticas con representación parlamentaria: Emma Álvarez (polo PP, xunto con Balseiro), Ismael Rego (polo PSOE), Manuel Parga (polo BNG, quen non puido estar presenta na fotografía porque invervía nese momento no pleno).

Despois este grupo de mindonienses visitou a Cidade da Cultura e a Catedral de Santiago de Compostela.

Exit mobile version