Site icon Crónica3.com A Mariña

Venda anticipada para a Copa do Rei, Burela FS-Autos Lobelle, para o martes 6

Nota de prensa:
VENDA ANTICIPADA PARA A COPA DO REI, BURELA FS-AUTOS LOBELLE (MARTES 6, 18.30 HORAS)

O Burela FS xa abriu a venda anticipada para o duelo galego Burela FS Pescados Rubén-Autos Lobelle de Santiago, da Copa do Rei, que terá lugar o vindeiro martes, 6 de decembro, ás 18.30 horas, en Vista Alegre.

Todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, 97); o prezo para socios/as será de 3 euros e para non socios/as de 10. Cada entrada entrará no sorteo dunha suculenta cesta de Nadal; o gañador darase a coñecer durante o descanso do partido.

Horario de atención: De luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Exit mobile version