Site icon Crónica3.com A Mariña

Volve o PP, volve o Yak 42

Volve o PP, volve o Yak 42

Coa enquisas quentiñas dos medios e o CIS todo parece indicar que volve o PP. Pero isto da alternancia está ben oh. Hai que aforrar como xa se fixo no pasado, claro que sí. Pero daquela venderon os bancos (Argentaria, lémbrase alguén?) agora os queren rescatar, daquela vendéronos con intereses (e non o prezo que deberan, tiñan que colocar a Villalonga e a Francisco González), vendendo Iberia, Repsol, Telefónica e o seu patrimonio, que non era pouco nin barato. Pois mira como sería que con ises cartos e todo a obsesión do déficit cero (lembrades o do bigote e os seus comparsas, entre eles Rajoy?), quixeron ainda aforrar mais e contrataron o tristemente famoso Yak 42, co resultado de mortos (62: sesenta e dous; fixádevos na cifra, hai menos médicos no Hospital da Costa, e menos que haberá) e a chulería de Trillo e os seus acólitos que viñan insultando os familiares por insistir na identificación dos cadáveres e a explicación da contratación de rebaixas dun avión non apto para o transporte. Digo isto por que é o mesmo PP por boca de Arenas o que dí que van facer o mesmo que cando estiveron no 96 e no 2000. Mamaiña coa que cae, por riba das rebaixas o máximo da rebarbadora pepera que xa vemos nesta Xunta inoperante á que lle segue medrando o paro por riba do do estado (ai non, que Feijoo dí que non ten competencias en traballo), que desmontan os servizos contraincendios e arde o monte en outubro, por riba virá Gallardón. Ou diretamente a Sra Botella, en algún ministerio a endebedarse (presumen de austeridade pero velaí vai o mellor exemplo de despropósito no gasto, premiado cun ministerio) para continuar coa boa práctica de Madrid, líder de endebedamento do estado, pero xa pagaremos a “quita” a Madrid, os túneles faraónicos e as candidaturas as olimpiadas dende A Mariña, faltaría mais, hai que cohesionar o estado….., quitamos algunha ambulancia mais da bisbarra, renunciamos ó corredor de Barreiros a Viveiro ou suspendemos definitivamente a axuda a domicilio, total para deixala como agora no 10% do que era, ou sen o galego oh!, que non da mais que gasto, malo será que tamen queremos contribuir….
Parece inevitabel, pero eu non compro este…. avión, non renuncio.Vos veredes.

Exit mobile version