Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada informativa en Xove sobre “Prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores”

O xoves, día 10 de novembro, terá lugar no Salón de Actos do Concello de Xove ás 11:00 horas, a xornada informativa “Prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores”. Esta actividade ten como obxectivo informar ás persoas maiores sobre estafas, timos, roubos, situacións de maltrato familiar, que poidan sufrir en algún momento dado. Esta xornada informativa forma parte do Plan Maior de Seguridade da Dirección Xeral da Policía e Garda Civil, dirixida á prevención e mellora da seguridade, e vai ser impartida polo Garda Civil, D. José Antonio Arias Fernández.

Exit mobile version