Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación “O Varal” patrocina o V Aberto do Galo correspondente a 5ª xornada da Liga Norte de Billarda

Nota de prensa:

Un ano mais e coincidindo co Nadal, a asociación “O VARAL” patrocina o trofeo de billarda “Aberto do Galo” na súa V edicción, que corresponde a 5ª xornada da liga regular da Conferencia Norleste.

Como ven sendo habitual poden participar todos os que queiran revivir tempos pasados e lembrar cando de nenos xogaban no recreo da escola e tamén os cativos que desexen coñecer un dos xogos cotians de seus pais e seus avós. Calquera que teña forza para soster un palán e apto para xogar e por riba ten posibilidade de levarse un precioso galo de corral como 1º premio.

Como axiña se fai noite e vendo a gran cantidade de xente que está a participar nos abertos da nosa Conferencia, o torneo vaise facer no Pavillón do IES Porta da Auga. Está aberta a inscripción ata as 15,30 h. do domingo 18 que comenzará o sorteo e a disputa das carreiras correspondentes. Inscripcións en: lnb.norleste@gmail.com ou a pé de pista.

Exit mobile version