Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula da rede CeMit impartirá en Burela curso para nenos e nenas

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá o vindeiro 27 de decembro o curso “Creación de postais de Nadal para nenos e nenas” no Concello de Burela. Os máis pequenos da vila aprenderán a crear postais inserindo imaxes, figuras e texto nelas, a través do programa de ordenador “Draw” incluído na suite ofimática “LibreOffice”. O curso rematará o día 5 de xaneiro e o seu horario será de martes a xoves de 11:00 a 12:30 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version