Site icon Crónica3.com A Mariña

A casa da cultura de Burela acollerá un concerto de panxoliñas no que participarán tres corais

Nota de prensa

MAÑÁ SÁBADO CONCERTO DE PANXOLIÑAS NA CASA DA CULTURA DE BURELA.

Burela, 16 de decembro de 2011. A Casa da Cultura acollerá mañá, 17 de decembro, o concerto de panxoliñas no que participarán tres corais, segundo ven de anunciar a Delegación de Cultura do Concello de Burela.

O concerto de panxoliñas terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura. O acto contará coa participación da Coral Avilesina (Avilés), a Coral O Encantiño (Ourense) e a Coral Polifónica de Burela, que é a organizadora desta tradicional cita.

A edil de Cultura, Mónica Pedre, anima “aos veciños de Burela e aos do resto da Mariña a disfrutar da actuación destas corais no concerto de panxoliñas do 2011. A cita merece a pena

Exit mobile version