Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG organiza xornadas sobre o proceso de acreditación da experiencia profesional aberto pola Xunta

NOTA DE PRENSA

A CIG e FORGA van realizar unha serie de xornadas informativas sobre o proceso de acreditación da experiencia profesional aberto pola Consellería de traballo e Benestar. Este proceso vai dirixido aos traballadores e traballadoras dos seguintes sectores:
• Atención sociosanitaria a persoas non domicilio
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
• Confección e mantemento de artes e aparello
• Operacións básicas de restaurante e bar
• Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

Estas convocatorias de acreditación profesional son de enorme importancia para aqueles e aquelas traballadoras que teñen unha ampla experiencia laboral pero que non dispoñen dunha titulación acreditada no seu sector de traballo, de aí a importancia destas xornadas.
Na comarca de Lugo – A Mariña as xornadas serán impartidas por Julia García Pena, do servizo de Orientación profesional de Forga en Lugo. As xornadas serán nas seguintes datas:
• BURELA: MARTES 20 Decembro ÁS 19:00h. NO LOCAL DE CIG-FORGA situado na Av. Arcadio Pardiñas, 137 galerias.

Para máis información, chamar ao local de Forga Burela no teléfono 982581861.

Exit mobile version