Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede CeMIT do concello Burela comeza dous cursos de alfabetización dixital

Nota de prensa

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ A IMPARTIR 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 5 AO 11 DE DECEMBRO

Burela, 02 de decembro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 2 cursos na vindeira semana.
Nesta semana comezarán 2 cursos de “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet” cos que se amosará a navegar a través de Internet co navegador libre “Mozilla Firefox”. Ambos cursos están dirixidos a persoas cuns coñecementos nulos ou moi básicos de Internet.
O primeiro destes dous cursos iniciarase o día 7 e rematará o 21 de decembro. O seu horario será de 16:00 a 17:00 horas.
O segundo comezarase a impartir o día 9 e finalizará o 16 de decembro. O horario deste curso será de 11:00 a 12:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version