Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación contribúe cuns 800 mil euros a fixar poboación no rural co Plan Extratéxico de Subvencións

Nota de prensa:
A Deputación contribúe a fixar poboación no rural co 4º Plan Extratéxico de Subvencións de case 800.000 euros

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou este luns que o Consello Reitor do Inludes aprobou na sesión de hoxe o 4º Plan Extratéxico de Subvencións dotado de case 800.000 euros cuxo obxectivo é contribuír a fixar poboación no rural, mediante o impulso do benestar social, da investigación e innovación, da agricultura, gandeiría, pesca e da artesanía. Besteiro adiantou que se acordou antes de final de ano este Plan co fin de axilizar os trámites legais necesarios, tales como as bases de cada convocatoria, para que a principios de 2012 sexa efectivo e os todos os interesados poidan facer as súas solicitudes.

O Plan divídese en 4 liñas de actuación:

1.- Apoio á agricultura, gandeiría e pesca. Preto de 600.000 euros en axudas dirixidas ó desenvolvemento de ditos sectores mediante accións formativas ós novos empresarios, actuacións para a modernización e mellora das explotacións, o fomento de sistemas de identificación xeográfica e de calidade dos produtos, así como para actividades relacionadas coa sanidade dos mesmos mediante o control de pragas, malezas e enfermidades. Dentro desta liña de actuación, contémplanse subvencións para a promoción e exaltación de produtos autóctonos por valor de 92.600 euros.

2.- Benestar social. 76.200 euros para o fomento de actividades ou actuacións orientadas á promoción do benestar comunitario, incrementando a calidade de vida no rural. Son axudas dirixidas á mellora de servizos básicos ós cidadáns como saneamento, abastecemento e distribución de augas, recollida e eliminación de residuos, mellora e limpeza de vias, alumeados públicos…; así como á celebración de novos eventos, concursos, exposicións, feiras ou mercados provinciais que contribúan ó impulso da economía da zona.

4.-Fomento da investigación e innovación. 66.000 euros en axudas para estimular a investigación científica, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico que favorezan a economía da provincia. Serán subvencións dirixidas a proxectos cunha forte aplicación práctica e rendibilidade económica, á obtención de información relevante e fideligna para entender, verificar, corrixir ou aplicar o coñecemento obxecto de estudo, á busqueda de solucións a problemas de carácter científico e tencolóxico e a estimular ou fomentar as investigacións nos principais sectores produtivos.

3.- Promoción da Artesanía. 41.000 euros en apoio ó sector artesanal para a mellora dos procedementos de traballo dos artesáns dende a creación do seu produto ata a posta á venda, para a incorporación das novas tecnoloxías neste sector e para a recuperación e a catalogación das actividades e produtos artesanais. Así mesmo, 30.000 euros serán para as segundas bolsas de estudos e becas artesanías da provincia, así como premios pola realización de traballos de investigación tecnolóxica nesta materia

Exit mobile version