Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Imdecum organiza o festival “Imaxiña 2011” no IES Monte Castelo en Burela

Nota de prensa

IMDECUM POTENCIA A CREATIVIDADE DA BISBARRA CO FESTIVAL IMAXIÑA 2011

A Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña), potenciará a creatividade da bisbarra co evento audiovisual da Mariña Imaxina 2011. A vindeira semana a cita reunirá a diferentes artistas comarcais no IES Monte Castelo, como punto de partida, en talleres de vídeo e fotografía.

O alumnado do centro burelao descubriá o mundo do audiovisual o luns, 19 de decembro, no obradoiro creativo de vídeo ‘Fotografía en Movemento’, que contará coa participación do pintor xovense Xoán Guerreiro, a comunicadora cervense Sabela Blanco e o profesor de Debuxo e Artes do Monte Castelo Pedro Cabarcos. O mércores 21, a reporteira gráfica de La Voz de Galicia Pepa Losada dirixirá unha charla e proxección sobre a fotografía.

O festival Imaxiña, que se integra nun proxecto máis ambicioso con visitas polos diferentes centros de ensino da bisbarra, xorde co firme propósito de poñer en marcha un contorno de creación que permita deixar constancia dunha identidade propia a través do audiovisual, coa participación dos mariñáns en concursos e obradoiros de creación fotográfica e audiovisual, así como exposicións e proxeccións.

Exit mobile version