Site icon Crónica3.com A Mariña

A instancias do BNG, a Deputación esixirá á Xunta un plan de emprego para A Mariña

Nota de prensa

A DEPUTACIÓN ESIXIRÁ Á XUNTA A INSTANCIAS DO BNG UN PLAN DE EMPREGO PARA A MARIÑA

O equipo de goberno levará a iniciativa ao pleno do vindeiro martes para demandar da Xunta medidas concretas fronte á vaga de despedimentos que sufriu a comarca da Mariña nos últimos tempos

Demandarase tamén do Goberno Galego a posta en marcha de Planos de Acompañamento Social para aquelas persoas que se atopan en situación de desemprego

Lugo, 23 de decembro de 2011. A Deputación de Lugo vai presentar ao vindeiro pleno provincial, que se celebrará este martes, un acordo de goberno a instancias do BNG co que se esixirá á Xunta de Galiza que poña en marcha un “Plano de recuperación do emprego e da actividade económica na Mariña”, destinando a tal fin unha contía económica específica dentro das contas públicas.

Con esta medida, segundo defendeu o deputado mariñán do BNG, e vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, “urximos aos responsábeis da Xunta de Galiza a que rachen coa pasividade coa que están a actuar, xa que estamos a falar da desaparición de preto de 200 empregos así como da redución de xornada e tamén de salario doutro grande número de traballadores no complexo de Sargadelos. Alén disto, non podemos deixar de pensar na situación de centos de autónomos e PEMES, pequenos negocios e estabelecementos hostaleiros, abonda como dado que desde abril de 2009 o desemprego aumentou na Mariña en máis dun 40%.

Polo tanto demandamos en primeiro lugar que o Goberno Galego poña en marcha un plano de incentivación do emprego para a comarca da Mariña. En segundo lugar demandamos Planos de Acompañamento Social para aquelas persoas que se atopan en situación de desemprego, a comezar por aquelas persoas que se atopan sen cobrar ningún tipo de prestación, de cara a amortiguar a súa situación pero tamén de favorecer a súa inserción laboral. En terceiro lugar demandamos liñas de financiación a conta do IGAPE para todos aqueles autónomos e PEMES da Comarca que se atopan atrapados en concursos de acredores e que como se consecuencia dos mesmos a súa viabilidade está en risco. E xa por último demandamos a posta en marcha un Plano de Choque que fomente o consumo a fin de evitar o feche de centos de pequenos negocios”.

PROPOSTA DE ACORDO DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE LUGO EN RELACIÓN Á
SITUACION ECONÓMICO – LABORAL DA COMARCA DA MARIÑA
Exposición de motivos:
A Comarca da Mariña atópase nun momento económico limite do que son soamente
a punta do iceberg tanto a situación na que se atopan “Muebles Hermida” que vén de
reducir a o seu cadro de persoal en 75 traballadores, como a situación da sucursal do
grupo FINSA en Mondoñedo cun ERE de extinción aprobado que vai significar a perda
de 67 empregos ou o concurso de acredores presentado polo “Grupo Mon”, a principal
empresa do sector da construcción da zona.
A maiores dos casos enunciados hai que ter en conta que a diminución da actividade
así como a perda do emprego afecta ao conxunto dos sectores económicos, sendo
dramáticos os datos de perda de emprego e destrución da taxa da actividade no sector
terciario con particular incidencia no pequeno comercio, a hostalería e o conxunto do
traballo autónomo.
Polo anteriormente exposto,
ACORDAMOS
1º) Instar ao Goberno da Xunta á posta en marcha dun “Plano de recuperación do
emprego e da actividade económica na Mariña”, destinando a tal fin unha contía
económica específica dentro das contas públicas.
2º) Demandar do Goberno Galego Planos de Acompañamento Social para aquelas
persoas que se atopan en situación de desemprego, a comezar por aquelas persoas
que se atopan sen cobrar ningún tipo de prestación, de cara a amortiguar a súa
situación pero tamén de favorecer a súa inserción laboral.
3º) Solicitar da Xunta de Galiza a apertura de liñas de financiación específicas a conta
do IGAPE para todos aqueles autónomos e Pemes da Comarca que se atopan
atrapados en concursos de acredores e que como se consecuencia dos mesmos a súa
viabilidade está en risco.
4º) Esixir do Goberno Galego un Plano de Choque que fomente o consumo a fin de
evitar o feche de centos de pequenos negocios.

Exit mobile version