Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña acolle unha nova edición das Xornadas de Historia do Reino de Galiza organizadas por Galiza Nova

Nota de prensa

Galiza Nova-A Mariña organiza por XIII Xornada de Historia do Reino de Galiza

Un ano máis a comarca da Mariña acollerá unha nova edición das Xornadas de Historia do Reino de Galiza organizadas por Galiza Nova. Neste ano as Xornadas decorreran entre Mondoñedo e Riotorto.

Como ven sendo habitual, as xornadas mesturan lecer, formación e a recuperación histórica dun periodo pouco coñecido como é a época medieval galega. As xornadas comezaran coa xa tradicional homenaxe a Pardo de Cela en Mondoñedo que decorrerá a partir das 19:00 na Praza da Catedral. No acto participarán o responsábel comarcal do BNG e Vicepresidente da Deputación Antonio Veiga e a Secretaria Xeral de Galiza Nova Iria Aboi.

Ao longo do fin de semana os participantes poderan disfrutar de diversas actividades, desde una ruta a cabalo por Meira até un campionato de Billarda organizado pola LNB. Da mesma maneira, o sábado pola tarde os membros de Galiza Nova serán recibidos polo alcalde nacionalista de Riotorto Federico Gutierrez.

Adxuntamos programa das xornadas e teléfono de contacto:

Andrea Martínez 677813624

Senín González 671859906

Xornadas de Historia do Reino de Galiza 2011.

A Mariña 16,17 e 18 de decembro.

Venres 16 de decembro.

18:00 Chegada a Mondoñedo.

19:00 Acto político diante da placa a Pardo de Cela (Praza Maior).

20.00 Visita pola vila.

22:00 Cea na Taberna do Valeco.

23:00 Saida nocturna amenizada con “cantos de taberna” por Mondoñedo.

Sábado 17 de decembro.

10:00 Almorzo.

11:00 Roteiro con subida á Frouxeira.

14:00 Xantar de picnic.

16:00 Recepción no Concello de Riotorto por parte do alcalde nacionalista Federico Gutierrez.

17:00 Aberto de Billarda organizado pola Liga Nacional de Billarda.

18:30 Presentación do Disco “República Billarda”.

20:00 Charla-coloquio “A Idade Media e as artes”.

22:00 Cea no Restaurante Casa Rodil.

23:00 Repichoca no Restaurante Casa Rodil.

Domingo 18 de decembro.

10:00 Almorzo.

11:00 Ruta a cabalo con visita aos espazos naturais de Meira.

14:00 Xantar en Meira.

16:00 Volta a Compostela.

Exit mobile version