Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña estreará o Campionato Autonómico de Seleccións Locais de Base ante Lambre

Nota de prensa

<img alt=”” src=”https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2008/10/pixel.jpg” class=”alignleft” width=”1″ height=”1″ />
A MARIÑA ESTREA O AUTONÓMICO DE BASE ANTE LAMBRE

A Mariña estreará  o Campionato Autonómico de Seleccións Locais de Base o venres, 30 de decembro, ante Lambre, na fase de grupos. O pavillón coruñés de Curtis acollerá tres enfrontamentos, nas categorías de benxamín, alevín e infantil.

Os máis pequenos inaugurarán a xornada, ás 17.00 horas e despois tocaralles aos alevíns (18.00) e infantís (19.00). O combinado cadete non disputará este cruzamento, posto que a comarca de Lambre non presenta selección na categoría.

A selección de Lugo será o próximo rival dos mariñáns na primeira fase, o domingo 8 de xaneiro, no pavillón municipal de Xove.

Listaxe de convocados laranxas

Benxamín: Pol Bassa, Noel Díaz, David Méndez e João Víctor.

Alevín: Néstor Valle, Álex Esquerdeiro, Luca Eijo, Álvaro Suárez, Luismi Nieto e Alberto Quelle.

Infantil: Daniel López, Álex García, Pablo Casas, Mamadou Diouf, Aarón Fernández e Aleixo González.

Exit mobile version