Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña A Pataca Naranxa, fronte viva da afección burelista, acaba de chegar aos 300 asociados

Nota de prensa

A PATACA NARANXA XA SUPERA OS 300 SOCI@S

A peña A Pataca Naranxa, unha das frontes máis vivas da incombustible afección burelista, acaba de cumprir o seu obxectivo de comezos da tempada, chegar á cifra de 300 socios/as. “XA SOMOS 309 SOCI@S”, anuncia o colectivo mariñán no facebook, “GRACIÑAS A TOD@S OS SOCI@S POR FACER ISTO POSIBLE. OBXECTIVO CUMPRIDO!!!”.

Dende o seu nacemento, en 2004, A Pataca Naranxa converteuse nun dos firmes apoios do CD Burela FS Pescados Rubén. Ademais de ser un dos principais alentos tanto en Vista Alegre coma a centos e miles de quilómetros da costa de Lugo (Valladolid, León, Bilbao, Zamora, Puertollano, Granada…), a peña burelá premia cada tempada o mellor xogador e o máximo goleador do Burela FS co “Trofeo Pataca Naranxa”; organiza maratóns e colabora en diferentes actividades de fondo calado social, como a campaña de recollida de xoguetes da Cruz Vermella, “Un xoguete, unha ilusión”.

Próxima cita. Para despedir a competición ata 2012 e festexar a chegada do Nadal, a peña volverá reunir os seus socios/as este sábado, coincidindo co Burela FS-UPV Maristas Valencia, nun xantar (reservas 607748786); será ás 15.00 horas, na Parrillada de Jandro (15 € adulto//gratuíto xuvenil). Antes da xuntanza gastronómica, os membros da Pataca Naranxa disputarán un amigable futbolístico (12.00 horas).

Exit mobile version