Site icon Crónica3.com A Mariña

A posta en funcionamento dos múltiplex de TDT no emisor de Conforto ampliará a oferta da TDT na zona da Pontenova

Nota de prensa

O INICIO DAS EMISIÓNS DOS NOVOS MÚLTIPLEX DE TDT DE CONFORTO PERMITIRÁ ACHEGAR A OFERTA COMPLETA DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A PRETO DE 700 PERSOAS DA PONTENOVA E DOUTROS CONCELLOS LIMÍTROFES

Marca TV ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta
Unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT
Esta actuación forma parte do Plan da Xunta de Galicia da homoxeneización de coberturas, que supuxo durante os últimos tres meses actuacións de mellora en 65 centros

Santiago, 20 de decembro de 2011.- A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro emisor de televisión de Conforto, prevista para mañá mércores día 21, permitirá ampliar a oferta da Televisión Dixital Terrestre a preto de 700 persoas do concello da Pontenova, así como a outras en concellos limítrofes.

Deste xeito, os beneficiados poderán disfrutar das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:

Canle 44: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD
Canle 32: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10
Canle 58: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV

O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plan da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que supuxo durante os últimos tres meses actuacións de mellora en 65 centros, ás que hai que engadir catro novas no mes de decembro. Este Plano está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Para poder seguir estas canles os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es- ou por vía telefónica -981 572 154-.

A continuación bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.

Exit mobile version